Museo
Fundación Laxeiro
Vigo · Pontevedra · 1990
.jpg?width=640)
A Casa das Artes é o centro principal de exposicións temporais programadas pola unidade de cultura do concello de Vigo. Tamén é a sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da colección Luís Torras. Constitúe o principal espazo destinado a albergar exposicións temporais municipais. == Historia == A actual localización do museo ocupa o espazo do antigo Ministerio de Economía e Facenda, na rúa Policarpo Sanz, 15. O edificio, deseñado na década dos trinta, albergou a sede do Banco de España en Vigo dende 1939 ata mediados da década dos oitenta, cando o Ministerio de Economía e Facenda decidiu pechar tódalas sucursais do banco emisor que non estiveran en capitais de provincia. O proxecto, asinado por Romualdo de Madariaga en setembro do 1938, e a intención da súa edificación xa partía de antes do golpe de estado do 18 de xullo do 1936. O edificio caracterízase polo seu chafrán central, que constitúe a súa principal sinal de identidade, co que rompe a esquina das rúas Rúa Reconquista e Policarpo Sanz. A planta atópase aliñada coa rúa de Policarpo Sanz, dándolle unha pequena elevación sobre a rasante, que se resolve cunha curta escalinata, de xeito que o soto reciba iluminación exterior das fiestras que se abren pola rúa Reconquista. A Casa das Artes, de senlleira arquitectura, é dende 1990 a sede principal da programación cultural da área de Cultura do concello de Vigo. Cada ano, expóñense nas súas salas mostras de pintura, escultura, fotografía, e tamén de carácter científico e divulgativo, histórico, etnográfico e social. Destaca a exposición sobre Tamara de Lempicka que, por primeira vez en España, puido ser visitada nas salas deste centro, e que foi exposta no ano 2007. == O inmoble == Na planta baixa do centro atópase o arquivo fotográfico Pacheco, colección composta por 140.000 fotografías de Vigo feitas por Jaime de Sousa Guedes Pacheco e os seus fillos Jaime e Alberto dende o ano 1900 ata 1970. No segundo andar, exponse a Colección Torras formada por 50 cadros doados e 17 cedidos en réxime de depósito, polo artista vigués Luís Torras. No terceiro andar atópase a Fundación Laxeiro, onde se pode atopar a colección do pintor lalinense Xosé Otero Abeledo, coñecido como Laxeiro, un dos máis importantes expoñentes das vangardas históricas galegas. Ademais realízanse exposicións temporais de artistas contemporáneos. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Premio Laxeiro === Bibliografía === «Casa das Artes» en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Para ir
Horario Mo-Fr 18:00-21:00 · Tu,Th 11:00-14:00 · Sa 12:00-14:00,18:00-21:00 · Su,PH 12:00-14:00 ·
Entrada Gratis
Teléfono +34 986 439 525;+34 986 438 446
Chegar en bus
- Colóna 203 mSan Esteban-Bouzas · San Esteban-Bouzas
- Praza Porta do Sola 209 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Praza Porta do Sola 211 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.