Monumento
Casa de las Palabras
A Coruña
Foto: amaianos from Galicia · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Monumento en Coruña, a 5 m de altitud, a 1,6 km del Camiño Inglés.
A Casa das Palabras é un recinto situado na zona de Durmideiras, na Coruña, que durante a guerra civil española foi un cemiterio musulmán e que foi rehabilitado para ser un punto de encontro entre culturas. Está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade da Torre de Hércules.
Historia
A edificación que actualmente acolle a Casa das Palabras construíuse durante a guerra civil española para lles dar sepultura aos soldados musulmáns procedentes do Protectorado de Marrocos que combateron no bando nacional. Posteriormente os restos destes soldados trasladáronse ao cemiterio de Santo Amaro, caendo as instalacións do antigo cemiterio en desuso, sufrindo durante anos o vandalismo. Finalmente, o Concello da Coruña decidiu rehabilitalo coa colaboración do Ministerio de Cultura do Goberno de España (cunha achega de 180 000 euros).
Descrición
A edificación é un recinto pechado cun xardín interior duns 200 metros cadrados. Nas paredes interiores do antigo cemiterio aparecen gravados realizados por Xoán Viqueira nos que se inseriron textos sobre a orixe da cidade en grego, latín, árabe, irlandés e castelán antigo, traducidos todos ao galego e ao castelán. Tamén se atopan 250 palabras do galego e do castelán que teñen a súa orixe na lingua árabe. As citas sobre a historia da cidade están tomadas da Las citas sobre A Coruña e proceden da Historia Romana de Dio Casio, do Lebor Gabála Érenn (Libro das conquistas de Irlanda), sobre lendas irlandesas, de Adversus paganos historiarum libri septem, e da obra de Afonso X o Sabio, na que fala de Hércules e Xerión e do primeiro habitante da cidade, ao que bautiza co nome de Coruña.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Cemiterio · Cemiterio islámico
Altitud del punto ≈ 5 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano A Coruña, a 1,6 km
Camino de Santiago Camiño Inglés, a 1,6 km
En el municipio viven 251.277 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- Adormiderasa 314 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Orillamar 96 (xeriátrico)a 816 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Pazo da Merced-Domus · O Burgo (área de servizo)-Orillamar 96 (xeriátrico)
- Rúa Orillamar (cemiterio)a 893 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.
