Museo

Domus-Casa do Home

A Coruña · 1995

Domus-Casa do Home

A Domus, anteriormente coñecida como Casa do Home, é un museo coruñés, o único interactivo conceptual e monográfico sobor do ser humano. Algunhas das súas montaxes máis interesantes son unha colaxe que representa a Gioconda, realizada con 10.062 fotografías de persoas de todo o mundo, imaxes dun parto, elaborar un menú e comprobar se é equilibrado ou ver os latexos do propio corazón. Inaugurouse en abril de 1995 e é obra de César Portela e Arata Isozaki. == Contidos == Ten 1.500 m² de exposicións, 300 deles na sala Severo Ochoa, de exposicións temporais, e unha sala de proxeccións de cinema en grande formato. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e Orzán. As exposicións oferecen uns 200 módulos interactivos. Ademais de fornecer información, esixen ser accionados mediante algún mecanismo, frecuentemente en forma de xogos sinxelos, para entender o seu funcionamento. As áreas temáticas denomínanse Eu (a identidade), Nós (demografía), Bioquímica e Xenética, Paisaxes (medios de exploración do corpo e imaxes microscópicas de tecidos e células), Reprodución e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición e sentidos do gusto e o olfacto), Sistema motor, O pé, Cerebro, Equilibrio, habilidades e linguaxe. A sala de proxeccións denomínase Leonardo da Vinci. As proxeccións son de grande formato (8/70) magnavisión sobre unha pantalla de 80 m². Conta cunha potencia de 7.000 vatios de luz e 4.000 de son, con 17 altofalantes. En dita sala proxéctanse películas IMAX ou en 3D, e impártense charlas de divulgación científica. En 2015 inaugurouse a sala Maker, dedicada á robótica. == Expedición Balmis == Como lembranza da Real Expedición Filantrópica da Vacina, expedición científica que levou a vacina da varíola a América, inaugurouse un monumento na balconada do museo. == Galería de imaxes == Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Casa do Home == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Páxina web do Domus Sistema Galego de Museos Turgalicia

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Para ir

Horario Jan 01,Jan 06,Dec 25: off · Jan-Apr: Mo-Fr 10:00-18:00 · Jan-Apr: Sa-Su 11:00-19:00 · May-Jun: Mo-Fr 10:00-19:00 · May-Jun: Sa-Su 11:00-19:00 · Jul-Aug: Mo-Su 10:00-20:00 · Sep-Dec: Mo-Fr 10:00-19:00 · Sep-Dec: Sa-Su 11:00-19:00

Entrada De pago

Silla de ruedas

Ver en el mapaLeer en WikipediaWeb oficialCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar