Castro

Castro de A Lanzada

Noalla · Sanxenxo · Pontevedra · 15 m

Castro de A Lanzada, castro en Sanxenxo

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Castro en Sanxenxo (España), a 15 m de altitud, a 6,5 km de Sanxenxo.

O castro da Lanzada é un poboado castrexo orixinario do século VIII a.C.. Contén unha necrópole que foi utilizada ata os séculos III - IV d.C. Está situado na parroquia de Noalla (Sanxenxo), e asenta sobre a base dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada. No extremo máis occidental érguese a capela da Nosa Señora da Lanzada. O castro foi escavado por vez primeira na década de 1950 polo Museo de Pontevedra e da man de Filgueira Valverde, e desde entón foi obxecto de sucesivas escavacións (nos anos 70, por Francisco Fariña Busto, e no ano 1983, por de la Peña Santos) ata a reanudación da súa recuperación no verán de 2010. Nesta última ocasión o director do proxecto foi o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Mª Rodríguez Martínez coa colaboración do Laboratorio de Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Ó estar cuberto de area, menos agresiva cá terra para os restos orgánicos, está ben conservado, o que non impediu a súa destrución parcial para levanta-la ponte que une o promontorio co illote inmediato ou a consecuencia de construcións modernas. A propia capela da Lanzada está levantada sobre restos do castro. En calquera caso, trala última intervención de 2010 só se accedeu ata o nivel correspondente ó século II a.C, estimando que aínda quedan uns 2-3 metros por escavar. Así mesmo, a superficie estudada é só unha pequena parte dos arredor de 9.000 m² que se estiman ocupados.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Qué es Sitio arqueolóxico

Estado En ruínas

Altitud 15 m

Pueblo más cercano Sanxenxo, a 6,5 km

En el municipio viven 17.990 (2025) · IGE

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar