Iglesia
Iglesia de Santa María (Adina)
Sanxenxo · Pontevedra

A igrexa de Santa María de Adina é o templo parroquial de Adina, no concello de Sanxenxo.
Historia e arquitectura
Primitivamente consagrada á deusa pagá Minerva, Atinna ou Ataecina, foi posteriormente cristianizada, pasando a chamarse Santa María a Digna, até o topónimo actual de Adina. Do templo románico sobre o que está construído o templo consérvanse os muros e os beirís da nave. Na fachada destacan a imaxe da Virxe co Neno situada entre sobre a porta, esta en arco de medio punto. Á dereita da fachada está o campanario, rematado por uns pináculos. Posúe unha capela de bóveda de crucería do século XVI, na que se cre que estaba o baldaquino situado na actualidade no frontal do altar. Este baldaquino, que representa a Anunciación, conserva dous arcos conopiais e unha imaxe tallada da Virxe co Neno no colo, situada entre eles; esta imaxe está picada e xa non se recoñece.
Galería de imaxes
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Adina (igrexa)a 11 mIES de Sanxenxo-Sanxenxo (cemiterio) · IES de Sanxenxo-Sanxenxo (cemiterio)
- Outeiro (igrexa)a 127 mRaxo (núcleo)-Portonovo (mercado) · Raxo (núcleo)-Portonovo (mercado)
- CANTURIÑAa 601 mRaxo (núcleo)-Portonovo (mercado) · Raxo (núcleo)-Portonovo (mercado)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.