Conjunto histórico
Centro histórico de Pontevedra
Pontevedra

O centro histórico de Pontevedra é a parte máis antiga da cidade correspondente ao primitivo asentamento urbano. É o segundo casco antigo máis importante de Galicia despois do de Santiago de Compostela e foi declarado Conxunto Histórico-Artístico o 23 de febreiro de 1951. O centro histórico da cidade posúe unha gran riqueza arquitectónica e conserva numerosos restos das épocas medieval, moderna e contemporánea. == Localización == O centro histórico de Pontevedra está delimitado principalmente polas rúas que coinciden co trazado da antiga muralla, situándose a súa parte norte na marxe esquerda do río Lérez que atravesa a cidade. O casco antigo está delimitado pola rúa Serra ao norte, a rúa Arcebispo Malvar ao leste, a rúa Michelena ao sur e as rúas Cobián Roffignac e Padre Amoedo Carballo ao leste. A Alameda e a Gran Vía de Montero Ríos coas Ruínas do Convento de San Domingo e os edificios institucionais oficiais de finais do século XIX considéranse como unha prolongación do centro histórico cara ao oeste. == Historia == Foi probablemente no século IX cando a poboación de Pontevedra comezou a reunirse en torno á antiga ponte e enclave romanos. En 1169, o rei Fernando II de León e Galicia concedeulle a categoría de cidade. Iniciouse a construción da nova ponte medieval (actual ponte do Burgo) e a poboación foise asentando no que hoxe é o centro histórico. Pontevedra dotouse dunha muralla fortificada que se desenvolveu en tres fases sucesivas a partir do núcleo orixinal situado nas inmediacións da Basílica de Santa María a Maior, a zona máis alta e facilmente defendible. A planta da primeira muralla é a dunha bastida preplanificada, organizada en tres rúas paralelas (Pratería Vella, Amargura-San Martiño e rúa Alta-Sor Lucía) e unha transversal central correspondente á parte alta da rúa Isabel II. No século XIII, o recinto amurallado ampliouse como consecuencia do paulatino crecemento económico e demográfico xerado polos privilexios reais concedidos á cidade (en 1229, Afonso VIII de León e Galicia outorgoulle un privilexio exclusivo para a elaboración e distribución de peixe en todo o reino, e en 1238, Fernando III de Castela concedeulle a fabricación de graxa de saín). Nos últimos anos do século XIII chegaron as ordes mendicantes dos dominicos, as clarisas e os franciscanos; estes últimos construíron o seu convento no outro punto alto do casco antigo, ao leste. No século XIV produciuse unha segunda fase de ampliación da muralla, que discorre pola rúa Pasantería e a praza da Ferrería ata a súa confluencia coa rúa Michelena. Neste século o francés Jean Froissart alcumou a cidade a Boa Vila (La Bonne Ville) nas súas crónicas pola súa magnífica situación xeográfica e o seu esplendor económico. No século XV, o crecemento da cidade fixo necesaria unha última ampliación da muralla. En 1452, Xoán II de Castela concedeu a Pontevedra o título de porto de carga e descarga de Galicia e, en 1467, Henrique IV de Castela premiouna coa autorización para establecer unha feira franca anual de 30 días. Era necesario dispoñer dun espazo suficientemente amplo e controlado para celebrar a feira (correspondente á actual praza da Ferrería). A nova muralla completouse en 1480. No século XVI, o poder económico do Gremio de Mareantes levou á construción da Basílica de Santa María a Maior. Ao longo do século XVI, o armazón de rúas, prazas e edificios cubriu parte dos espazos baleiros do interior das murallas de Pontevedra. En 1719, a invasión inglesa causou grandes danos á cidade. Durante este século leváronse a cabo reformas urbanas con novas prazas e rúas e construíronse novos edificios relixiosos, como a Igrexa de San Bartolomeu e o Colexio da Compañía de Xesús, así como novos pazos urbanos como o de Mugartegui e a remodelación do dos Condes de Maceda. Preto do recinto amurallado, construíuse en 1792 a Igrexa da Virxe Peregrina. No século XIX derrubouse a muralla medieval, comezando en 1852 coa porta de Trabancas e terminando co tramo da rúa do Rouco e da rúa Cobián Roffignac en 1875. Tamén se derrubaron as torres arcebispais e a fortaleza dos Churruchaos, e construíuse o palacete das Mendoza.…
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 265 mPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Cambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · O Castelo Alto-Pintos · Cambados E.A-Vilariño-Barrantes-Cabeza de Boi-Caticobas-San Vicente-Mosteiro-Curro-A Devesa-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 275 mA Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 283 mPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Al lado de este lugar
- Basílica de Santa María la MayorCatedral
- Monasterio de San Salvador de LérezMonasterio
- Monasterio de San Juan de PoyoMonasterio
- Muralla de PontevedraCastillo
- Fortaleza y Torres Arzobispales (Pontevedra)Castillo
- Pazo de Castro MonteagudoPazo
- Pazo de los Gago y MontenegroPazo
- Pazo de los Marqueses de ArandaPazo