Fuente
Fuente de los Caballos
Santiago de Compostela · A Coruña
Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Fuente en Santiago de Compostela, a 261 m de altitud, a 74 m del Caminho Português de Santiago.
Non confundir coa fonte-monumento dos Cabalos da Praza de España en Vigo, nin coa Fonte dos Cabalos de Lalín. A Fonte das Pratarías, máis coñecida coma Fonte dos Cabalos (tamén Fonte dos Catro Cabalos ou dos Hipocampos) é unha fonte monumental de estilo barroco compostelán, obra de J. Pernas do ano 1825 que se atopa no centro da praza das Pratarías, na cidade vella de Santiago de Compostela. Está formada por catro cabalos que botan auga pola boca, por riba dos cales se ergue un pedestal coa Arca Marmórica rematado cunha figura feminina co brazo alzado sostendo a estrela de Compostela. O seu significado ten suscitado diferentes interpretacións ao longo dos anos, mais crese que se trata dunha alegoría á cidade de Compostela.
Historia
A praza das Pratarías data dos inicios da cidade, e xa sufrira danos importantes nas Revoltas Irmandiñas do século XII, cando o Arcebispo Xelmírez ordenou restaurar a fachada románica case por completo. A praza debe o seu nome por ser onde noutrora tiñan os seus obradoiros os artesáns da prata. A mediados do século XVIII o cabido compostelán encarga a Sarela remodelar o estado da praza das Pratarías, até que en 1825 frei Xoán Conde a transforma coa actual fonte de hipocampos. Algunhas fontes din que a fonte se achaba orixinalmente no interior do claustro da catedral, pois no lugar que ocupa esta fonte hoxe en día, atopábase unha anterior, que sería a gran pía bautismal, que hoxe se atopa no centro do claustro. Outras fontes din, porén, que a pía formaba parte dunha fonte que se atopaba na praza diante da fachada da Acibecharía. O escultor Juan Sanmartín, a mediados do século XIX, engadiulle a "Alegoría da Cidade de Santiago" (a figura da muller sentada sobre a arca apostólica a soster a estrela que indicou ao bispo Teodomiro o lugar do sepulcro.
Descrición
Áchase no nivel máis baixo da Praza das Pratarías. Trátase dunha fontana de estilo italiano, encadrado no barroco compostelán. Feita en granito, a base do encoro é circular e cunha base dun metro de altura arrodeada dun chanzo. No centro érguese a escultura, cun primeiro nivel onde se atopan os catro hipocampos a botar chorros de auga pola boca. Destes parte un pedestal que remata coa arqueta do apóstolo e por riba dela unha figura feminina (disque é Compostela) que sostén nunha das súas mans a estrela compostelá. Cómpre salientar a fermosa contorna da fonte, arrodeada doutras obras de arte da cidade, como é a Casa do Cabido, o Museo das Peregrinacións, e a escalinata que conduce á porta Sur da Catedral, coa impresionante fachada das Praterías e a Torre da Berenguela.
A fonte na cultura popular
Federico García Lorca inspirouse nesta fonte para escribir o seu poema "Danza da lúa en Santiago" e de feito chámaa "Fonte do Soño".. Nesta fonte é onde os viaxeiros adoitan botar moedas co desexo de volver a Santiago. Unha das novatadas que se fan aos novos estudantes da Universidade de Santiago é o "bautizo" na auga desta fonte; un dos veteranos fai mergullar a cabeza deste na fonte. Outro costume habitual é facer mirar con detalle ao visitante as mans dos cabalos e de súpeto cando este se achega, mollalo.
Galería de imaxes
Outros artigos
Fachada das Pratarías
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Escultura
Forma parte de Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
Paredes Piedra
También llamado Fonte dos Cabalos
Protección Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Altitud del punto ≈ 261 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Santiago de Compostela, a 239 m
Camino de Santiago Caminho Português de Santiago, a 74 m
En el municipio viven 100.842 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- Rúa Novaa 214 mA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- ALAMEDAa 579 mBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
- Rúa da Rosaa 643 mRúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.
Al lado de este lugar
Catedral Basílica Metropolitana de Santiago de CompostelaCatedral
Colegiata de Santa María del SarCatedral
Pazo de San Lorenzo de TrasoutoMonasterio
Monasterio de San Pelayo de AntealtaresMonasterio
Monasterio de San Martín PinarioMonasterio
Convento de San Francisco del Valle de DiosMonasterio
Pazo do EspiñoPazo
Pazo de los Condes de XimondePazo