Dolmen

Fornela dos Mouros

Laxe · A Coruña

Fornela dos Mouros

A Fornela dos Mouros ou dolmen do Aprazaduiro é un monumento megalítico situado na parroquia de Nande, no concello de Laxe. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte. == Descrición == Data de entre o 2500 e o 2000 a. de C. Presenta planta rectangular e está ergueito por tres lousas verticais cunha horizontal a modo de cuberta. Ten 1,35 metros de alto e 2,57 metros de largo. A pedra da cuberta mide 2,70 metros. Pola súa forma relaciónase con outros dolmens da zona como a Casota de Freáns, no veciño concello de Vimianzo. Os historiadores cuestionan a súa consideración de dolmen por mor das súas reducidas dimensións e a súa localización nun lugar rochoso, que fan pensar nun sitio pouco propicio para os soterramentos. Argumentan que probablemente se trate dunha desas arcas megalíticas cadradas ou rectangulares, con cuberta única e de feitura moi coidada, antecedentes do que serían as cistas de inhumación individual que apareceron en Galicia a partir da Idade de Bronce. == Véxase tamén == === Bibliografía === Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. === Outros artigos === Lista de megálitos de Galicia === Ligazóns externas === Fornela dos Mouros na web do Concello de Laxe.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Al lado de este lugar