Castillo
Fortaleza da Mota de Ois
Santiago de Ois · Coirós · A Coruña
Todavía no hay foto de Fortaleza da Mota de Ois
Si tienes una, súbela a Wikimedia Commons ↗ con las coordenadas puestas y llegará sola a este mapa y a cualquier otro que use datos abiertos. O mándanosla.
{{Location|43.24948|-8.12449}}
Construcción militar en Santiago de Ois, Coirós, a 234 m de altitud, a 7,7 km de Betanzos.
A fortaleza da Mota de Ois é unha construción militar en ruínas da que se conservan restos dos muros, situada en Santiago de Ois (Coirós).
Descrición
Sitúase sobre un outeiro a uns 230 metros de altitude e sobre un primitivo castro. Data do século XII. Tiña unha planta duns 30 por 35 metros. Construído en cantaría de granito de aparello irregular. Cara ao noroeste é onde se conserva a maior altura. Tamén se ven restos dos alicerces doutras construcións que cinguen a torre. O castelo pertenceu a Pedro Fernández de Andrade, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Foi derrubado durante as guerras irmandiñas polo arcebispo Alonso III de Fonseca. Parece que foi reconstruído de novo, pero foi doutra volta derrubado polo gobernador de Galicia Fernando de Acuña, por mandato dos Reis Católicos. Na zona había outros dous castelos que semellaban dominar e protexer en puntos estratéxicos situados no leito do río Mandeo e, polo tanto, o acceso á cidade de Betanzos por esa vía. Estes eran os da Espenuca e o outro estaría en Aranga. Segundo a lenda foi unha fortificación de mouros, había un túnel secreto que partía dos sotos do castelo e ía ata o río por onde se levaban os cabalos a beber, ademais de actuar como camiño de fuxido para os moradores en caso de seren atacados. Tamén se di que na Mota había un gran tesouro agochado e algunhas persoas andaron na súa procura. No lugar do Casal utilizáronse as súas pedras para construír as casas. Hai unha lenda relativa á etimoloxía popular do río Mandeo: a xente dos concellos de Aranga e Coirós relata que “estando os mouros acampados na ribeira deste río, dous dos seus caudillos comezaron a discutir sobre quen comandaría as tropas. O máis valente e decidido dos dous, ao ver que non se poñían de acordo, deu un grito exclamando: –aquí mando eu!”.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Época Middle-ages
Qué es Fortaleza
Altitud del punto ≈ 234 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Betanzos, a 7,7 km
En el municipio viven 1941 (2025) · IGE
Según Galicia Nomeada
Llegar en autobús
- SANTIAGO DE OISa 551 mBetanzos (centro saúde)-Pedra Partida · Betanzos (centro saúde)-Pedra Partida
- A Esperelaa 1,2 kmBetanzos (centro saúde)-Vilamourel · Betanzos (centro saúde)-Vilamourel
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.
.jpg?width=400)