Área protegida

Xubia - Castro

Mántaras · Irixoa · A Coruña · 2004

Xubia - Castro, área protegida en Irixoa

Foto: The original uploader was PepedoCouto at Galician Wikipedia. · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Zona especial de conservación Xubia - Castro, a 431 m de altitud, a 9 km de Betanzos.

Xuvia-Castro é un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) que abrangue 2.074 ha dos concellos da Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez, percorridos polo río Xuvia e o seu afluente o Castro e que conserva gran parte dos bosques tradicionais de ribeira. Na parte alta do río Castro, na Serra do Forgoselo, localízase unha grande extensión de torgueiras ben conservadas. A altitude media é de 407 m. e pertence á rexión bioclimática atlántica.

Hábitats

Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae). Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition. Estanques temporais mediterráneos. Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix. Uceiras secas europeas. Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo. Turbeiras de cobertor. Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica. Bosques aluviais de ameneiro (Alnus glutinosa) e freixo. Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica. Bosques de castiñeiro (Castanea sativa).

Flora e Fauna

Flora

Esfagno (Sphagnum pylaisii).

Fauna

Lontra (Lutra lutra). Gabián eurasiático (Accipiter nisus). Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus). Merlo rieiro (Cinclus cinclus). Falcón pequeno (Falco subbuteo). Ouriolo (Oriolus oriolus). Papuxa montesa (Sylvia undata). Salamántiga (Chioglossa lusitanica). Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi).

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Qué es Espazo natural protexido · Zona de especial conservación

Extensión 2.082 m²

Altitud del punto ≈ 431 m · Terrain Tiles

Pueblo más cercano Betanzos, a 9 km

En el municipio viven 1338 (2025) · IGE

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar