Iglesia
Iglesia de San Bartolomé
Pontevedra · 1714

A igrexa de San Bartolomeu é un edificio relixioso católico da cidade de Pontevedra. A igrexa foi construída a finais do século XVII en estilo barroco como lugar de culto e actividades pastorais para o colexio xesuíta contiguo. A igrexa foi dedicada a San Bartolomeu cando se converteu en parroquia en 1836. == Localización == O edificio está situado na rúa Sarmiento, preto da antiga Porta de Santa Clara - ou Rocheforte - das antigas murallas da cidade. O colexio da Compañía de Xesús contiguo forma parte hoxe do complexo museístico da cidade, o Museo de Pontevedra. == Historia == A igrexa foi construída entre 1695 e 1714 polos xesuítas segundo os planos da súa igrexa do Gesù en Roma. Como parte do complexo do colexio dos xesuítas, utilizouse para as actividades pastorais e espirituais dos estudantes do colexio que os xesuítas dirixiron na cidade entre 1650 e 1767, ano da súa expulsión de España. Foi consagrada e aberta ao culto o 14 de xullo de 1714. O lugar para a construción da igrexa foi elixido en 1685. Pedro Monteagudo deseñouna, baseándose no modelo da igrexa do Gesù (Roma). A igrexa sobreviviu ao terremoto de Lisboa de 1755, pero engadíronse contrafortes no lado esquerdo para asegurala e reforzar os cimentos. A igrexa foi convertida en parroquia en 1836, substituíndo e tomando o nome da antiga igrexa de San Bartolomeu o Vello, que ocupaba o lugar onde hoxe se atopa o Teatro Principal de Pontevedra. == Descrición == Esta nova igrexa de San Bartolomeu é un edificio grande e solemne e un dos poucos exemplos existentes en Galicia de arquitectura barroca italiana, moi diferente do barroco galego. Con esta igrexa introduciuse en Galicia o chamado Barroco Internacional. A igrexa ten planta de cruz latina disposta nun rectángulo. Consta de tres naves de tres tramos e un transepto cunha capela principal entre dúas sancristías. Lembra ás igrexas italianas dedicadas ao "Nome de Xesús", como o Gesù de Ferrara, o Gesù de Lecce ou a Igrexa dos Gesuiti de Venecia, entre outras. As naves laterais están cubertas con bóvedas de aresta por tramos e a nave principal con bóveda de canón. A cúpula levántase sobre pendentes. No interior hai importantes esculturas da escola valisoletana, como a Madalena Penitente, da escola barroca de Santiago de Compostela (de Silveira e Gambino) e esculturas de Pedro de Mena. Nun altar do interior da igrexa hai unha escultura da Virxe do O (Virxe da Expectación), patroa da cidade de Pontevedra. Na fachada, as seis grandes columnas dóricas, os campanarios e o frontón superior son característicos do barroco xesuítico. Tamén se atopa nela o escudo de armas da familia Pimentel, na parte superior da porta de entrada do colexio un grande escudo de pedra de España e no centro, unha escultura da Virxe María nun nicho. == Galería == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). El País-Aguilar. p. 61. ISBN 978-8403509344. Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Deputación de Pontevedra. p. 305-306. ISBN 978-84-8457-327-2. Ribeiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Edicións do Cumio. ISBN 9788482890852. Fortes Bouzán, Xosé (1993). Historia de la Ciudad de Pontevedra (en castelán). Gaesa. p. 129-135. ISBN 9788488254207. === Outros artigos === Rúa Sarmiento Igrexas de Pontevedra Arquitectura do Barroco Compañía de Xesús === Ligazóns externas === Igrexa de San Bartolomeu en Visit-Pontevedra Arquivado 15 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Igrexa de San Bartolomeu en Turismo de Galicia
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 147 mA Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 166 mPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos)
- Ponte de Santiagoa 176 mFontáns-Pontevedra E.A. · Fontáns-Pontevedra E.A. · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Al lado de este lugar
- Basílica de Santa María la MayorCatedral
- Monasterio de San Salvador de LérezMonasterio
- Monasterio de San Juan de PoyoMonasterio
- Muralla de PontevedraCastillo
- Fortaleza y Torres Arzobispales (Pontevedra)Castillo
- Pazo de Castro MonteagudoPazo
- Pazo de los Gago y MontenegroPazo
- Pazo de los Marqueses de ArandaPazo