Iglesia
Igrexa de Santa María de Oza
A Coruña · 1863
.jpg?width=640)
A igrexa de Santa María de Oza é un templo relixioso situado en Monelos, Oza (A Coruña). == Descrición == É unha igrexa con planta de cruz grega alterada pola adición da fachada, que ten tres tramos e frontón. O cruceiro está rematado por unha cúpula semiesférica. O retablo ten partes de mármore e pezas procedentes do pazo de Xelmírez. No interior consérvase unha pía bautismal da capela. == Historia == A igrexa parroquial de Oza atopábase nunha pequena capela que quedara pequena para a poboación, polo que o arcebispado de Santiago de Compostela decidiu trasladar a sede. A nova igrexa, obra de Faustino Domínguez Domínguez, inaugurouse o 2 de febreiro de 1863. Foi incendiada o 20 de xullo de 1936 cando principiou a Guerra Civil Española, polo que tivo que ser reconstruída en 1940. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Capela de Santa María de Oza === Ligazóns externas === Ficha en Turgalicia Parroquia
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Pavo Reala 242 mA Coruña-AP-9-O Burgo (área de servizo) · A Coruña-AP-9-O Burgo (área de servizo)
- Avda. de Monelosa 262 mA Silva-Teatro Colón · Teatro Colón-A Silva · Teatro Colón-A Silva (por Parque acuático Cerceda)
- Ronda de Outeiro (hotel Avenida)a 595 mA Coruña-AP-9-O Burgo (área de servizo)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.