Monumento
El Fiel Contraste
Pontevedra · 2010

O Fiel contraste é un grupo escultórico creado polo escultor Ramón Conde, situado en Pontevedra. Atópase na rúa da Alhóndiga, detrás da Casa Consistorial de Pontevedra, e foi inaugurado o 30 de abril de 2010. == Historia == O grupo escultórico está situado no lugar onde na Idade Media atopábase a Alfándega ou mercado municipal de cereais. A estatua central lembra ao funcionario medieval (contratado polo concello) que, á entrada das murallas de Pontevedra, xunto á Torre da Bastida, contrastaba fielmente coa súa balanza os pesos e medidas das mercadorías que se ían vender na cidade. Ata o século XVI, a Alfándega estaba situada onde hoxe atópase a casa do Concello de Pontevedra. Á entrada da Alfándega, o Fiel Contraste encargábase de comprobar os pesos e medidas de todas as mercadorías que chegaban alí para ser vendidas. Da comprobación do peso do pan ou dos cereais ou das medidas do viño dependían os impostos do mercado. A desaparición desta profesión produciuse coa unificación de pesos e medidas que levou a cabo a administración borbónica, coa aparición do sistema métrico decimal e, finalmente, coa inauguración da actual Casa do concello en 1880. O auxe comercial e pesqueiro de Pontevedra impulsara a celebración de mercados na cidade, destacando a Feira Franca concedida a Pontevedra en 1467 polo rei Henrique IV de Castela, cando a cidade era o principal porto de Galicia. == Descrición == O grupo escultórico consta de cinco pezas. A peza central de bronce é o Fiel Contraste, que representa a un home hercúleo (característico da obra de Ramón Conde) e intemporal, co brazo esquerdo estendido sostendo unha balanza na man. A estatua mide 1,93 metros de altura e pesa 300 kg. Os seus marcados trazos denotan poder e autoridade no exercicio da súa función de resolver conflitos sobre o peso exacto dos produtos nas feiras e mercados da cidade. Ao redor desta estatua central hai catro pezas bidimensionais de aceiro corten en forma de siluetas ou sombras que representan personaxes populares dun mercado urbano medieval, como os vendedores coas súas cestas diante ou os mercadores dun día calquera nun mercado urbano. O grupo escultórico está valorado en 100.000 euros. == Galería == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Casa Consistorial de Pontevedra === Ligazóns externas === El Fiel Contraste na web Outono.net El Fiel Contraste na web Escultura y Arte
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 355 mPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Cambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · O Castelo Alto-Pintos · Cambados E.A-Vilariño-Barrantes-Cabeza de Boi-Caticobas-San Vicente-Mosteiro-Curro-A Devesa-Pontevedra E.A.
- Avda. Reina Victoria Uxíaa 360 mPonte da Barca-Pontevedra (X)
- Xofre De Tenorioa 376 mA Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Al lado de este lugar
- Basílica de Santa María la MayorCatedral
- Monasterio de San Salvador de LérezMonasterio
- Monasterio de San Juan de PoyoMonasterio
- Muralla de PontevedraCastillo
- Fortaleza y Torres Arzobispales (Pontevedra)Castillo
- Pazo de Castro MonteagudoPazo
- Pazo de los Gago y MontenegroPazo
- Pazo de los Marqueses de ArandaPazo