Palacio

Palacio municipal de La Coruña

A Coruña · 1912

Palacio municipal de La Coruña

O palacio de María Pita, ou tamén pazo de María Pita, é un edificio de estilo ecléctico que ocupa a fronte norte da praza de María Pita, na cidade da Coruña. Proxectouno o arquitecto Pedro Mariño e construíuse entre os anos 1904 e 1912. Atópanse nel diversas dependencias administrativas do Concello, o Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo. Tamén é chamado Palacio Municipal. Sobre a súa arcada ten escrito en castelán:

Descrición

O palacio é un edificio de estilo ecléctico, inspirado no neoclasicismo e na ampliación do palacio do Louvre de Napoleón III. Os soportais dan acceso a un amplo vestíbulo con dúas escaleiras. As torres están recubertas de cinc e baixo a torre do reloxo atópase o escudo da cidade e catro cariátides que representan as provincias galegas.

Historia

Dende o século XVI a sede do concello da Coruña estaba situada nunha casa da praza da Fariña, mais en febreiro de 1837 trasladouse ao número 23 da rúa da Franxa, abandonando a Cidade Vella. Non obstante o 9 de marzo dese mesmo ano, unha real orde propiciou o traslado ao que fora convento de Santo Agostiño, acaroado á igrexa de San Xurxo, do que tomaron posesión o 13 de decembro de 1838. Tralo decreto que permitía o derrubamento das murallas, o arquitecto Faustino Domínguez Domínguez deseñou unha praza na que destacaba o edificio que serviría de sede ao consistorio. Finalmente as obras do palacio non se iniciaron ata o comezo do século XX, xa segundo o proxecto de Pedro Mariño.

Galería de imaxes

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar