Playa
Bouzas
Vigo · Pontevedra

A praia do Adro ou praia de Bouzas é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dun areal urbano situado no corazón da parroquia de Bouzas e que ten unha extensión de 450 metros. Conta coa distinción de Bandeira Azul. == Localización e acceso == A praia está localizada na parroquia viguesa de Bouzas. Na súa contorna sitúase o centro histórico do barrio, incluída a igrexa de San Miguel, de cuxo adro toma o nome. Pode chegarse á praia do Adro desde a VG-20. Tamén é posible acceder desde a avenida de Beiramar para posteriormente tomar a travesía de Bouzas Portuario. Existe un amplo aparcadoiro na contorna da praia. As liñas C3, L13 e L28 de Vitrasa prestan servizo a este areal. A praia dispón de acceso peonil a través do paseo marítimo de Bouzas, integrado nun sendeiro azul de 7 km con orixe na praza da Estrela. == Descrición == Trátase dunha praia alongada e pechada. A area é branca e de tamaño variable segundo a zona. No ano 2023 obtivo a distinción de Bandeira Azul. En 2026 finalizouse unha intervención na contorna da praia do Adro que incluíu unha duna artificial e novas áreas de xardín. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Bouzas Igrexa de San Miguel de Bouzas === Ligazóns externas === Praia do Adro na web do Concello de Vigo Praia do Adro na web Turismo Rías Baixas
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Bouzasa 281 mCangas de Morrazo E.A.-Bouzas · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cangas de Morrazo E.A. Bouzas / Psa Vigo Zona Franca
- Bouzasa 286 mCangas de Morrazo E.A.-Bouzas · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas) · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cangas de Morrazo E.A. Bouzas / Psa Vigo Zona Franca · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.