Teatro

Teatro Cine Fraga

Vigo · Pontevedra · 1948

Teatro Cine Fraga

O Fraga é unha construción senlleira concibida como teatro e principalmente cinema, construída en 1942 na rúa do Uruguai, no centro da cidade de Vigo. == Historia == === Proxecto e traballos === Isaac Fraga Penedo decide e presenta no concello de Vigo no verán de 1941, o proxecto dun cinema, o máis maxestoso de Galicia, convencido de que o puxante Vigo era un lugar perfecto para negocios. Xa nos anos 20 do século XX, este carballiñés produtor de cinema e propietario da empresa Fraga, xestionaba a gran parte das salas de cinema nas principais vilas en Galicia e noutras cidades do noroeste de España. O soar onde se ergue o edificio, no cruzamento das rúas Uruguai e a calexa de Isabel II, tiña unhas casiñas propiedade de Fraga, que derruban baixo a supervisión do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez (fillo do tamén arquitecto, Jenaro de la Fuente Domínguez), que nun principio se encargaría do proxecto, mais que finalmente se desbotou. O arquitecto Francisco Castro Represas fixo outro deseño: a Sala Universum en 1933, unha gran sala de espectáculos promovida por Eugenio González de Haz, que non se executou. Finalmente o proxecto é deseñado polo arquitecto madrileño Luis Gutiérrez Soto, que tiña sona na construción de cinemas en Castela ademais de ser o arquitecto oficial do franquismo. O seu primeiro proxecto é tamén desbotado, escolléndose o seu segundo deseño, cos gustos galeguistas (inspirados en construcións compostelás) de Fraga Penedo. As obras duran seis anos por mor dos problemas técnicos xurdidos. Os arquitectos Bernardo Carratalá e Arturo Fraga Framil, fillo do mesmo Isaac Fraga, axudan ao madrileño nas obras durante as ausencias deste. Arturo Fraga fai algunhas modificacións interesantes do proxecto inicial, sendo en parte gran responsábel do coidado resultado final. As esixencias en calidade foron máximas, incluso contratáronse escaiolistas estranxeiros, e resultando un exterior de cantaría de perpiaño de granito galego perfecta. Algúns dos seus elementos foron premiados nos concursos celebrados pola Escola de Artes e Oficios de Vigo. === Estrea === O Fraga abre as súas portas o 27 de marzo de 1948, coa estrea do filme Botón de áncora da Suevia Films, un drama ambientado en Galiza, dirixido polo galego Ramón Torrado e protagonizado por Fernando Fernán Gómez, o compostelán Antonio Casal, Jorge Mistral, Isabel de Pomés, María Isbert, Encarna Paso, Mary Santpere e o coruñés Xan das Bolas. Os xornais locais loaron a beleza da nova sala, que, con 1758 localidades, se converte na principal da cidade. O cine vive a época dourada até os anos oitenta do pasado século. === Decaemento === Cos anos o cinema comeza a perder espectadores, coa aparición nos oitenta da variada oferta dos multicines (Multicines Centro en María Berdiales, hoxe desaparecidos, e Multicines Norte, na Vía do Norte), nese momento (1988) decídese adaptar a sala Velázquez a unha nova sala de proxeccións con setenta e cinco butacas (Fraga 2). A privilexiada situación do inmóbel nun rueiro tan céntrico levan a pensar que foron intereses inmobiliarios os que provocaron un grande incendio o 23 de setembro de 1988.[Cómpre referencia] Porén, a empresa asume a rehabilitación, rematando os traballos en tres meses. En abril de 1996 adapta a antiga cafetaría para crear unha sala adicional de noventa e cinco butacas (Fraga 3). === Feche === O Fraga non consegue remontar a crise, e o 28 de xuño de 2001 pecha as súas portas para sempre co filme norteamericano de aventuras Lara Croft: Tomb Raider na sala principal e a arxentina Una noche con Sabrina Love e a americana The Mummy Returns nas salas 2 e 3 respectivamente. O gran cartel de Tomb Raider coa imaxe de Angelina Jolie coma Lara Croft ficou na parede exterior do pórtico durante meses até coller mofo.…

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar