Source thermale
Burga de Xermeade
Reis · Teo · A Coruña

Photo: Miguel Rodriguez Sanmartin (User:UL_mrsanmartin) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Source thermale à Reis (Teo, A Coruña), à 31 m d'altitude, à 293 m du Caminho da Geira e dos Arrieiros.
A burga de Xermeade é un antigo manancial situado en Xermeade (Reis, Teo) á beira do río Ulla. Ten augas sulfuradas, cloruradas e sódicas, que xorden a unha temperatura constante de 15 °C. A fonte dun só cano, verte a un estanque circular duns 3 m de diámetro de pedra labrada, onde poden entrar a tomar o baño ata 24 persoas á vez. Non se sabe con certeza a época do seu descubrimento, pero polo menos hai máis de dous séculos que as augas medicinais se utilizan. Nesa época a fonte era de uso público, pero aló polos anos trinta do século XX unha familia tentou privatizar a fonte, pero os veciños de Pontevea presentaron un preito pola propiedade do manancial. Nos anos cincuenta dese mesmo século as autoridades permitiron a construción dunha pequena casa de baños mentres o xulgado non emitía sentenza sobre a titularidade das terras. Finalmente os veciños gañaron o preito e a casa de baños quedou en desuso, arestora está en ruínas reconvertida en merendeiro a carón da bañeira. O manancial, de gran sona en toda a bisbarra, acolleu visitantes chegados de toda Galicia. As últimas décadas do século XIX e primeiras do século XX foron as de maior relevancia, chegando a computarse ata 300 bañistas diarios que repousaban nas diferentes fondas e "casas de baño de Pontevea", chegando a funcionar ata 5 casas de baño. O manancial da burga de Xermeade figuraba nas principais publicacións sobre augas mineiro-medicinais dende mediados do século XIX, como o número 22 da Revista Médica publicado o 15 de xaneiro de 1849, aparecía recollido un artigo do ilustre químico galego Antonio Casares no que se mencionaban as sulfurosas augas da burga.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Augas termais
Aussi appelé A Burga de Pontevea
Altitude du point ≈ 31 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche A Ramallosa, à 4,6 km
Chemin de Saint-Jacques Caminho da Geira e dos Arrieiros, à 293 m
Habitants de la commune 19 038 (2025) · IGE
S'y rendre
Horaires 24/7
Entrée Gratuit
Téléphone +34 981815700
Adresse Paseo Fluvial A Burga, 15883
Y aller en bus
- O CASTROà 472 mPontecesures-A Estrada E.A. · Pontecesures-A Estrada E.A.
- Barcoà 473 mIES Avelina Valladares-Barco · IES Avelina Valladares-Barco
- Barcoà 508 mA Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Pontevea-AG59-Pontepedriña-Santiago E.I. · Soutelo I-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-San Caetano · Santiago E.I.-Cuntis-Caldas de Reis-Pontevedra E.A.
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.