Pont
Ponte de Pontevea
Teo · A Coruña

A ponte de Pontevea cruza o río Ulla entre os concellos da Estrada (provincia de Pontevedra) e Teo (provincia da Coruña). No 2017 foi declarada Ben de Interese Cultural. == Historia == A ponte de Pontevea é un lugar onde confluían varios camiños, rutas comerciais e rutas de peregrinación. Un deles puido ser a vía romana XIX do Itinerario Antonino, entre Bracara Augusta e Lucus Augusti, aínda que non hai acordo entre os historiadores ao respecto. Polo tanto, é posible que nesta zona existise unha ponte anterior romana, pero a ponte actual é medieval, construída no século XVI e reconstruída no século XVIII. En 1809, durante a Guerra da Independencia Española, os combates arredor da ponte provocaron a perda dun dos seus arcos, que foi substituído en 1822. En 1845, o concello da Estrada encargou novas reparacións na ponte. A ponte de Pontevea foi a única travesía do Ulla nesta zona ata 1980, cando se construíu outra ponte paralela, pola que transcorre a actual estrada. En 2010, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural arranxou e consolidou a ponte, facéndoa exclusivamente peonil. == Notas ==
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Ponteveaa 199 mA Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · Sarandón (cruzamento)-Pontevea-Sarandón (cruzamento) · Santiago-Pontevea · Santiago-Pontevea · Santiago-Pontevea-Cuntis-Moraña
- Pontevea (Centro Medico)a 689 mA Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Pontevea-AG59-Pontepedriña-Santiago E.I. · Santiago E.I.-Cuntis-Caldas de Reis-Pontevedra E.A. · A Estrada E.A.-Montouto-San Caetano · Soutelo I-Montouto-Santiago E.I. · Pontevea-Santiago E.I.
- Pontevea (Centro Medico)a 699 mA Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · Pontevea-Santiago E.I. · Soutelo I-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-San Caetano · Santiago E.I.-Cuntis-Caldas de Reis-Pontevedra E.A. · A Estrada E.A.-Pontevea-AG59-Pontepedriña-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.