Chapelle
Capela de San Salvador de Samos
Samos · Lugo

A capela de San Salvador de Samos, ou capela do Ciprés, é unha sinxela construción relixiosa que data do século IX e que se atopa tras do mosteiro de Samos (Samos).
Características
Conserva a estrutura dun oratorio mozárabe afín ao culto que divide o espazo na cela ministerial e a nave principal percorrida por unha bancada datada no século XII. Non destaca nin polas súas dimensións nin polo seu exterior que ten como protagonista principal a cachotería de lousa da zona. O interior agocha uns importantes frescos, datados no século X que representan cruces, portadas, alfices, pigmentacións difíciles de atopar nesas terras[Cómpre referencia], decoracións florais etc.
Historia
A súa localización, abrazada polo río e protexida por antigas construción, pode levar a pensar que a capela se sitúa onde estaba o primeiro mosteiro de Samos[Cómpre referencia]. Posteriormente serviu de oratorio para os monxes, e logo caeu en abandono, e foi un pendello onde se gardaban aveños de traballar no campo. A capela recibe este nome por un ciprés próximo de 27 m de altura. Foi declarada monumento nacional en 1944.
Outros artigos
Mosteiro de San Xulián de Samos
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- SAMOS (ALBERGUE)a 98 mSARRIA E.A.-PEDRAFITA DO CEBREIRO · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · CEIP de Samos-Zoó
- SAMOS (ALBERGUE)a 121 mSarria E.A.-Pedrafita do Cebreiro · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · CEIP de Samos-Zoó
- Samos (marquesiña)a 343 mSARRIA E.A.-PEDRAFITA DO CEBREIRO · Sarria E.A.-Pedrafita do Cebreiro · Sarria E.A.-Santa Mariña · Sarria E.A.-Santa Mariña · CEIP de Samos-Zoó · CEIP de Samos-Zoó
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.