Colline fortifiée
Castro de Formigueiros
Samos · Lugo
O castro de Formigueiros é un poboado castrexo da Idade de Ferro situado preto do lugar da Airexa, na parroquia de Formigueiros, no concello lucense de Samos. Está a 785 metros sobre o nivel do mar, encravado no extremo occidental da serra do Édramo, que fai de divisoria entre os concellos de Samos ao norte e O Incio ao sur. == Morfoloxía == Sobre o perfil da montaña destacan as súas potentes murallas, circundadas por un labiríntico sistema de foxos e parapetos. Sorprende a complexidade e extensión das defensas fronte o reducido da zona habitacional. Das 5 ha totais, o interior da croa só ocupa uns 2000 metros cadrados. == Arqueoloxía == Foi obxecto de escavacións arqueolóxicas dende os anos 2006 a 2008. Definíronse dúas ocupacións. A primeira, comezaría nos séculos III-II a. C., remata na primeira metade do século I. Logo parece que foi abandonado e detéctase unha nova ocupación, con construcións levantadas sobre os derrubes das casas e da muralla. Os indicios apuntan a unha fase romana tardía ou posterior. Atopáronse lousas decoradas con círculos, cabalos e peixes nunha praciña do poboado. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros de Galicia === Ligazóns externas === Meijide, Gonzalo; Vilaseco, Xosé Ignacio; Blaszczyk, Jacek (2009). "Lousas decoradas con círculos, cabalos e peixes procedentes do castro de Formigueiros (Samos, Lugo)". Gallaecia (28): 113–130. ISSN 0211-8653.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Formigueirosa 721 mSarria E.A.-San Eufrasio · Sarria E.A.-San Eufrasio · O Incio-Sarria E.A. · O Incio-Sarria E.A.
- VEIGA DE ABAIXOa 953 mSarria E.A.-San Eufrasio · Sarria E.A.-San Eufrasio · O Incio-Sarria E.A. · O Incio-Sarria E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
À côté de ce lieu
- Monastère de Saint-Julien de SamosMonastère
- Igrexa de Santa María de GooÉglise
- Capela de San Salvador de SamosChapelle
- Necrópole de Santa MariñaNécropole
- Fosa de SamosCharnier
- Igrexa de Santiago de CastroncánÉglise
- Igrexa de Santa Marta de CastroncánÉglise
- Capela de San Domingos de Silos de TeiguínChapelle