Colline fortifiée
Castro de Santomé
Ourense
.jpg?width=640)
O castro de Santomé é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como cultura castrexa do noroeste peninsular. O conxunto arqueolóxico está musealizado e atópase no concello de Ourense, a só 3 km da cidade. Na mesma área arqueolóxica poden visitarse restos de época castrexa e romana nunha zona de alto valor natural. == Escavacións arqueolóxicas == O conxunto foi descuberto en 1969, cando se realizaron algunhas catas exploratorias, de xeito afeccionado, entre ese ano e 1974, as cales permitiron salientar a importancia arqueolóxica do lugar. A partir de 1983, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense comezou a escavación científica e sistemática do lugar, o que permitiu descubrir a complexidade cronolóxica e cultural do castro. == Véxase tamén == === Bibliografía === RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Xulio (2000) Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. Guía arqueolóxica. Ourense: Grupo Marcelo Macías, ISBN 84-88522-11-8 AA. VV. (2001) Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. Guía da natureza. Ourense: Grupo Marcelo Macías PERALTA BEJARANO, Isabel; RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Xulio; XUSTO RODRÍGUEZ, Manuel (2005) Conjunto arqueológico-natural de Santomé. Excavación, consolidacón y musealización de un sector del castro. A Coruña: Fundación Barrié, ISBN 84-95892-25-1 === Outros artigos === Castros de Galicia === Ligazóns externas === Páxina oficial
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- San Toméa 154 mAlameda-Urbanización Mirasol · Alameda-Urbanización Mirasol
- Tibiás (marquesiña)a 542 mAlameda-Urbanización Mirasol · Alameda-Urbanización Mirasol · As Lagoas-Urbanización Miraflores (Vistafermosa) · As Lagoas-Urbanización Miraflores (Vistafermosa)
- Os Canivelos (núcleo)a 586 mAlameda-Urbanización Mirasol · Alameda-Urbanización Mirasol
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.