Couvent

Couvent Saint-François

Pontevedra

Couvent Saint-François, couvent en Pontevedra

Photo: Bjørn Christian Tørrissen · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Couvent et église gothique à Pontevedra, Espagne, à 24 m d'altitude, à 77 m du Caminho Português de Santiago.

O convento de San Francisco é un convento franciscano de Pontevedra, situado no centro da vila. Na actualidade está ocupado por catro frades.

Historia

Segundo a tradición, o convento foi fundado por Francisco de Asís, que parou en Pontevedra mentres facía a ruta Portuguesa do Camiño de Santiago. A chegada da orde franciscana á cidade tivo lugar posiblemente no último terzo do século XIII. Un dato historicamente comprobado é que a fundación existía xa en 1274, segundo consta no Arquivo Nacional e en papeis do mosteiro de Armenteira, testamentaría de Arias Fernández. A edificación contou coa axuda económica dos herdeiros de Paio Gómez Chariño nun soar da casa de Soutomaior, naquela época aínda fóra do perímetro da muralla da cidade. A opulencia desta construción provocou envexa nos membros da orde dominica instalados na cidade, que remataran a súa igrexa dez anos antes, e que decidiron iniciar en 1380 a construción doutra igrexa maior que a franciscana, con cinco ábsidas. En 1362 iniciouse a construción da cabeceira da igrexa das monxas clarisas na cidade, similar á de San Francisco, pero de menor tamaño. Ademais destas tres construcións, a igrexa parroquial de San Bartolomeu fora ampliada entre 1337 e 1339. Este grande apoxeo na construción debeuse ó gran número de doazóns económicas procedentes de familias pudentes, temorosas da morte procedente da peste bubónica que asolagou Europa nesa época. A igrexa é de estilo gótico tardío ou oxival, e foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. Ten planta de cruz latina, con nave única, cruceiro, cuberta de madeira e cabeceira con tres ábsidas poligonais, cubertas con bóvedas de crucería. O edificio que ocupa a Delegación de Facenda foi construído en 1800, e inclúe a porta de Santo Domingo da antiga muralla da cidade, do século XIII. No seu interior están os sartegos de Pai Gómez Chariño, Xoán Feijoo de Soutomaior, e Paio de Montenegro. Logo da desamortización de Mendizábal o recinto quedou deshabitado, sendo propiedade do concello. O 15 de xaneiro de 1909, o pai Luis María Fernández Espinosa e 5 relixiosos máis volveron habitar o recinto, cun contrato de alugueiro de 25 anos, a 250 pesetas por ano. En 1930 o templo foi cedido por Real Orde. Nunha noite de verán de 1995 o templo sufriu un incendio, sendo restaurado pouco tempo despois. Neste convento está o comedor de San Francisco, que de luns a sábado dá de comer a un bo número de necesitados.

Galería de imaxes

Outros artigos

Mosteiros e conventos de Galicia

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Données

Nature Monumento · Convento franciscano

Style Arte barroca · Arte gótica

Protection Ben de Interese Cultural

Altitude du point ≈ 24 m · Terrain Tiles

Ville la plus proche Pontevedra, à 70 m

Chemin de Saint-Jacques Caminho Português de Santiago, à 77 m

Habitants de la commune 83 339 (2025) · IGE

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Y aller en bus

Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.

À côté de ce lieu