Calvaire

Cruceiro da Santísima Trindade

Baiona · Pontevedra · 1500

Cruceiro da Santísima Trindade

O cruceiro da Santísima Trindade é un cruceiro do século XV situado na vila de Baiona.

Características

Atópase sobre unhas rochas, e é un dos poucos de Galicia que está cuberto por un baldaquino. Este é de estilo renacentista en forma de pirámide sostida sobre unhas columnas, rematadas en forma de pináculos cilíndricos con coroa cónica. O cruceiro é de estilo gótico coa imaxe de Xesús Cristo e, ós seus pés, a Virxe María, María Madalena e Santiago o Maior. Atópase na calzada romana, posteriormente chamada Estrada Real. Foi realizado en granito, e conta cunha grande lousa de 1,12 m situada a 1 m de altura sobre o piso que servía de altar para celebrar misa en tempos de peste para os habitantes do Val Miñor e para as tripulacións dos navíos fondeados na baía de Baiona.

Galería de imaxes

Outros artigos

Igrexa de Santa María de Baiona

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu