Calvaire

Cruceiro de capela da Laxe Pequena

Rianxo · A Coruña · 1600

O cruceiro da Laxe Pequena é un cruceiro de capela situado no lugar da Laxe Pequena, na parroquia rianxeira de Taragoña. == Descrición == Sostense nunha plataforma cuadrangular de tres graos e de amplas dimensións. Ten fuste octogonal de grosa sección, con catro cunchas de vieira na súa zona alta. A capeliña moi ornamentada, está formada por: Unha base troncopiramidal invertida, dúas caras laterais, unha traseira e unha lousa de teito; a base porta tres querubíns en tres das catro caras, o lateral dereito posúe un baixorelevo de Santiago Apostol, o lateral esquerdo relevo de santo (probabelmente San Francisco), a traseira relevo de Cristo cos Cruz a costas e o teito simula unha bóveda de crucería rebaixada. No interior da capeliña hai unha imaxe da Virxe. Remata o conxunto coa cruz que é de sección octogonal, cos remates dos brazos florenzados e cun Cristo Crucificado ten as mans pechadas, pano de pureza anoado, leva coroa de espiñas e cartela de INRI. Este cruceiro debe de ser moi antigo, posibelmente do século XVI. == Véxase tamén == === Bibliografía === PXOM de Rianxo 2014. === Ligazóns externas === Turismo.gal Xunta de Galicia.

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu