Gare ferroviaire

Cesantes

Cesantes · Redondela · Pontevedra

Cesantes, gare ferroviaire en Redondela

San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais. Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea rolda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Données

Ville la plus proche Redondela, a 2,9 km

Chemin de Saint-Jacques Caminho Português de Santiago, a 883 m

Habitants de la commune 28 928 (2025) · IGE

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu