Château fort

Château de Soutomaior

Soutomaior · Pontevedra

Château de Soutomaior

O castelo de Soutomaior é un castelo medieval do século XII, lugar de orixe e centro de poder dunha das liñaxes máis significativas da Galicia medieval, os Soutomaior. == Situación == O castelo de Soutomaior atópase na parroquia de San Salvador de Soutomaior, no concello de Soutomaior pertencente á comarca de Vigo, provincia de Pontevedra. Sitúase na cima do monte Viso, a 119 metros sobre o nivel do mar, dominando a unión dos ríos Oitavén e Verdugo, nun lugar clave para o control entre o suroeste e o centro de Galicia. O conxunto ocupa 25 hectáreas de terreo. == Historia == === Orixe === A orixe desta fortaleza non está moi clara. A lenda fala da fundación nos tempos anteriores á chegada dos musulmáns á península e a historiografía decántase, pese a non existir probas documentais que o corroboren, por situala no século XII por orde de Paio Méndez Sorrelle, o primeiro en utilizar o apelido Soutomaior. === Baixa Idade Media === Desde entón os Soutomaior participaron como personaxes protagonistas na maioría de acontecementos políticos e sociais da época en Galicia (como a guerra civil entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara, as guerras con Portugal, as revoltas irmandiñas, ou os múltiples enfrontamentos entre os bispados de Tui e Santiago de Compostela e casas nobres galegas entre si). Entre todos os membros desta familia destacou a figura de Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido polo alcume de Pedro Madruga. Preto deste castelo estaba o Castro da Peneda, onde no ano 1477, o Arcebispo de Santiago Alonso II de Fonseca e Ulloa construíu o castelo de Castrizán para controlar ao de Soutomaior, e o que ao seu regreso do seu cativerio en Castela, Pedro Madruga conquistou e derribou, ocupando o seu lugar na actualidade a ermida da Virxe das Neves. Trala morte do Madruga, no ano 1486, as disputas sucesorias polo seu legado fan que o protagonismo desta familia se esvaeza. === Séculos XIX e XX === Os problemas sucesorios non se resolveron ata que no ano 1795 a Chancelería de Valladolid resolveu o conflito fallando a favor de Benito Fernando Correa de Soutomaior, IV marqués de Mos, pero o castelo proseguiu o seu decadente camiño cara á ruína. Non parou ata o ano 1870 cando Antonio Aguilar y Correa, marqués de la Vega Armijo, fixou nel a súa residencia de verán e procedeu á súa restauración, remodelación e ampliación, actuacións que o converteron nunha palaciana residencia estival, imaxe esta que é a que conserva na actualidade. No seu interior, nestes tempos, desenvolveuse unha activa vida social e política, sendo incluso visitado polo rei Afonso XII. Esta actividade, así como a realización de máis reformas (convertendo o lugar nunha granxa modelo e incluso construíndo un sanatorio), continuou coa nova propietaria (a partir de 1902), sobriña dos anteriores, a marquesa de Ayerbe María Vinyals, coñecida popularmente como a Dama vermella (precursora do movemento feminista en España), e o seu marido o doutor Lluría (promotor da militancia marxista en Cuba), ata que estes, acusados de intrigas políticas, perderon a súa propiedade en pública poxa en outubro de 1917, comezando un novo período de decadencia e abandono para o enclave. En 1982 adquiriuno a Deputación Provincial de Pontevedra, que realizou novas tarefas de restauración rematadas no ano 1987. == Descrición == Descoñécese se se construíu sobre un edificio anterior, pero existen indicios que levan a pensar nisto, xa que o tipo de labra no paramento da torre principal, onde se atopan moi erosionados e irregulares pequenos perpiaños, superpostos a soga e tizón, a mesma técnica que se empregou nas torres fronteirizas portuguesas de comezos e finais do século XII. === As murallas === Trátase dun dobre perímetro amurallado de planta oval e irregular adaptándose ao terreo no que se asenta. A primeira muralla ábrese en dúas portas: a sur, usada na actualidade e que conserva o escudo do marqués de Mos, e a norte, a primitiva porta principal co escudo da familia Soutomaior e Zúñiga.…

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu