Place

Granxa de Briz

San Xián de Marín · Marín · Pontevedra · 2011

Granxa de Briz, place en Marín

Photo: Chairego_apc · GFDL · Wikimedia Commons ↗

Parc public à Marín, à 44 m d'altitude, à 2,1 km du Ruta dos Sete Camiños.

A Granxa de Briz, tamén coñecida como Finca de Briz ou Parque dos Sentidos, é un gran parque situado no concello de Marín. Conta cunha zona de tobogáns e xogos integrados na natureza, unha pequena lagoa natural e outra artificial. Tamén dispón dun auditorio ao ar libre e unha superficie total de 23.690 m². O terreo consta de tres edificacións. A primeira delas é unha casa que se coñece como "chalé principal", convertido hoxe en oficinas municipais nas que se realizan diversos obradoiros de emprego. A segunda edificación coñécese como "casa adega", que na actualidade alberga os servizos sociais do concello e na que se imparten cursos e charlas. A última construción, denominada como "casa dos caseiros" está rodeada por unha muralla cunha lagoa no seu interior e na que se poden atopar árbores froiteiras, especies autóctonas e vides.

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Données

Nature Parque

Altitude du point ≈ 44 m · Terrain Tiles

Ville la plus proche Marín, à 418 m

Sentier à proximité Ruta dos Sete Camiños, à 2,1 km

Habitants de la commune 23 976 (2025) · IGE

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Y aller en bus

Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.

À côté de ce lieu