Église
Igrexa da Compañía de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela · A Coruña
Photo: © Jose Mario Pires · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Édifice religieux à Santiago de Compostela, à 269 m d'altitude, à 57 m du Camiño Xabrés.
A Igrexa da Compañía de Xesús, máis coñecida polos composteláns como Igrexa da Compañía ou Igrexa da Universidade, situada na praza da Universidade, lindando coa praza de Mazarelos ou do Instituto, foi construída polos xesuítas no século XVII, rematando a súa construción en 1767, e pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús até que, tras a expulsión dos xesuítas, pasou a ser a capela da Universidade desde 1769. O edificio é un dos que, pola súa nudez ornamental no exterior e ao aparente clasicismo chamou a atención dos historiadores da arte que a estudaron até o día de hoxe. Isto deu lugar a discusións sobre o seu estilo e, consecuentemente, sobre a súa cronoloxía. Por exemplo, Antonio Bonet Correa sinala que estas razóns (a situación do sepulcro do arcebispo Francisco Blanco Salcedo) e a perfecta adaptación da capela de San Xosé á capela maior e a impresión de que a fachada actual non concorda coa estrutura interior e o estilo da igrexa, leva a pensar que é obra de finais do século XVI, e, polo tanto, a primeira que se construíu en estilo clasicista en Santiago de Compostela, o que o levou a atribuíla a Gaspar de Arce. Ramón Otero Túñez rebateu tal atribución, aínda que baseándose en razóns documentais, o desapropiado que o propio autor do proxecto, Gaspar de Arce, fora el mesmo designado polo concello compostelán para comprobar a nova liña de edificación solicitada polos xesuítas ou, incluso, materiais como os danos do sepulcro do arcebispo Blanco e, concretamente, a supresión da escena da Asunción que aparece citada no seu contrato de execución que poderían explicarse como "danos ocasionados polo traslado desde o emprazamento primitivo". O paso da igrexa á Universidade foi clave para a realización dunha serie de modificacións no edificio. A súa fachada principal, de aire clásico, como quedou dito, presenta as figuras de San Pedro e San Paulo, que substituíron as orixinais de San Ignacio e a San Francisco Xabier situadas en nichos laterais que serven de marco ao escudo real. O campanario que a culmina fíxose dous anos máis tarde. Pero o realmente salientable é o seu interior, onde se se sitúan varios retablos que adornan as naves laterais, o cruceiro e o altar maior; están considerados como auténticas e exclusivas pezas do barroco. Actualmente o edificio úsase como sala de exposicións e sede da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Église
Style Arquitectura barroca
Dédié à Compañía de Xesús
Fait partie de Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
Protection Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Altitude du point ≈ 269 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Santiago de Compostela, à 364 m
Chemin de Saint-Jacques Camiño Xabrés, à 57 m
Habitants de la commune 100 842 (2025) · IGE
Y aller en bus
- Rúa Novaà 360 mA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- IES DO SARà 629 mAs Hortas-Santiago E.I. · As Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-Cimadevila-Santiago E.I. · Touro-CIMADEVILA-SANTIAGO E.I.
- Rúa da Rosaà 694 mRúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Rúa da Rosa-Bertamiráns-A Gándara · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa · Liñares (empalme)-Rúa da Rosa
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
À côté de ce lieu
Cathédrale de Saint-Jacques-de-CompostelleCathédrale
Colexiata de Santa María de SarCathédrale
Pazo de San Lourenzo de TrasoutoMonastère
Convento de San Paio de AntealtaresMonastère
Mosteiro de San Martiño PinarioMonastère
Convento de San Francisco do Val de DeusMonastère
Pazo do EspiñoPazo (manoir galicien)
Pazo dos Condes de XimondePazo (manoir galicien)