Statue
Letras Vilalba
Vilalba · Lugo
Aínda non hai foto de Letras Vilalba
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.29795|-7.68063}}
Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2020 tiña 14 079 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» e tamén «chairego». O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo concello galego en extensión despois da Fonsagrada. Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila. Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo. Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa modesta industrialización, sendo as industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón. Porén, posúe un polígono industrial de considerable tamaño situado ao nordeste da vila. A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Rúa da Praviaa 164 mBouzamelle-Rúa da Pravia · Bouzamelle-Rúa da Pravia · Moreda I-Rúa da Pravia · Moreda I-Rúa da Pravia
- Avda. Terra Chá 15-17a 233 mAvda. Terra Chá 15-17-CEIP Terra Chá · CEIP Terra Chá-Avda. Terra Chá 15-17
- Avda. Terra Chá 66a 440 mLugo E.A.-Vilalba E.A. · Lugo E.A.-Burela E.A. · Lugo E.A.-Vilalba E.A. · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A. · Lugo E.A.-Ribadeo E.A. · Lugo E.A.-Burela E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.