Pétroglyphe
Pedra das Tixolas
Abalo · Catoira · Pontevedra

Photo: Erreja · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Pétroglyphe à Abalo, Catoira, à 134 m d'altitude, à 730 m du Camiño Portugués Variante Espiritual.
A Pedra das Tixolas ou Laxe das Tixolas é un conxunto de gravados rupestres da Idade do Bronce (1200 - 600 a. C.) situadas na parroquia de Abalo (Catoira).
Características
Os petróglifos atópanse na ladeira dun monte a 180 metros de altitude. Foron realizados nunha roca granítica elíptica de aproximadamente 4,5 metros de ancho cun amplo número de combinacións de círculos simples con liñas, o que lles dá o aspecto de tixolas e cazoletas no seu interior, en consonancia cos motivos abstractos recorrentes no estilo Atlántico de arte rupestre, maioritario en Galicia. Tamén se observan cruces e liñas, posiblemente medievais ou modernas e unha inscrición coa palabra «ballina». En total distínguense unhas vinte combinacións circulares e cruces, destacando unha delas cun pedestal de base.
Conservación
As características litolóxicas do soporte dos gravados favorece a súa conservación, con procesos de alteración lentos. Con todo, a acción humana afectou a súa permanencia ao actuar directamente sobre os paneis con actos de vandalismo, mediante extracción de pedra, obras de infraestruturas varias ou mediante a acción dos incendios forestais. A Pedra das Tixolas atópase alterada pola acción humana, ao realizarse extracción de pedra no lugar, que se utilizou como canteira. Tamén se advirten os sinais de incendios na zona que deixaron manchas sobre a roca, aínda que non se produciron perdas ou desprendementos da superficie. En 2023, a partir dunha subvención de 5.916,90 € achegada pola Deputación Provincial de Pontevedra, rozouse a área e sinalizáronse os accesos ao xacemento.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Pétroglyphe
Altitude du point ≈ 134 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Vilagarcía, à 5,6 km
Chemin de Saint-Jacques Camiño Portugués Variante Espiritual, à 730 m
Habitants de la commune 3 275 (2025) · IGE
Y aller en bus
- Fonteiriñaà 413 mCPI de Progreso-Fonteiriña · CPI de Progreso-Fonteiriña · CPI de Progreso-Abalo (Baltasar)
- O Bustoà 581 mCPI de Progreso-O Busto · CPI de Progreso-O Busto · O Busto-Avda. A Mariña · O Busto-Avda. A Mariña · Busto-Campanario-Avda. A Mariña · Busto-Campanario-Avda. A Mariña
- O Souto da Vilaà 598 mCPI de Progreso-Fonteiriña · CPI de Progreso-Fonteiriña · CPI de Progreso-Abalo (Baltasar)
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.


