Château fort
Torres de Oeste
Oeste · Catoira · Pontevedra
Photo: Jose Antonio Gil Martínez. FREECAT from Vigo · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Château fort espagnol, à 3 m d'altitude, à 188 m du Camiño Portugués Variante Espiritual.
As Torres de Oeste, tamén coñecidas polo seu nome medieval latino de Castellum Honesti, son os restos dunha fortaleza situada na parroquia de Santa Baia de Oeste, no concello pontevedrés de Catoira, na desembocadura do río Ulla, no fondo da ría de Arousa. O recinto, de orixe prerromana e romana, converteuse entre os séculos IX e XII no principal baluarte defensivo da comarca fronte ás incursións normandas e sarracenas que buscaban chegar a Santiago de Compostela remontando o Ulla, e por esa razón a Historia Compostelana referiuse a el coma "chave e selo de Galicia". Do recinto orixinal, que chegou a contar con sete torres distribuídas nun perímetro amurallado, consérvanse hoxe dúas torres de fábrica prerrománica, os alicerces doutra e unha capela románica do século XII dedicada ao apóstolo Santiago. As Torres de Oeste foron declaradas monumento histórico-artístico pertencente ao Tesouro Artístico Nacional mediante decreto do 3 de xuño de 1931, condición que as converteu automaticamente en ben de interese cultural coa entrada en vigor da lexislación galega de patrimonio. Desde 1961 acollen cada primeiro domingo de agosto a Romaría Viquinga de Catoira, declarada festa de interese turístico internacional, e desde 2021 contan cun centro de interpretación propio, o Centro de Activación Cultural Torres de Oeste.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Époque Médiéval
Nature Enceinte fortifiée
Style Arte románica
Aussi appelé O Castelo
Protection Ben de Interese Cultural
Altitude du point ≈ 3 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Rianxo, à 8,1 km
Chemin de Saint-Jacques Camiño Portugués Variante Espiritual, à 188 m
Habitants de la commune 3 275 (2025) · IGE
S'y rendre
Adresse Ponte de Catoira, Oeste, Catoira
Y aller en bus
- Catoira (cruzamento)à 323 mSantiago E.I.-Leiro-Rianxo-Boiro · Santiago E.I.-Leiro-Rianxo-Ribeira E.A.
- Rúa da estaciónà 472 mCoaxe-Vilagarcía E.A. · Dimo (igrexa)-Vilagarcía E.A. · Dimo (igrexa)-Campanario-Vilagarcía E.A
- Rúa da estaciónà 476 mCoaxe-Vilagarcía E.A. · Dimo (igrexa)-Vilagarcía E.A. · Dimo (igrexa)-Nogueirido-Vilagarcía E.A
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
