Spiaggia

A Fonte

Vigo · Pontevedra

A Fonte

A praia do Tombo do Gato, tamén coñecida como praia da Fonte ou praia do Pincho do Gato, é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia semiurbana cunha extensión de 150 metros e que conta coa distinción da Bandeira Azul. == Localización e acceso == A praia sitúase na parroquia viguesa de Alcabre e fica ao norte da praia de Samil. Pode chegarse a través da avenida de Samil ou ben desde a avenida da Atlántida. As liñas L10, C15A, C15B e 15C de Vitrasa prestan servizo a esta praia. Tamén é posible o acceso peonil a través dun paseo que forma parte do sendeiro azul "Camiño á Beiramar". == Descrición == Trátase dunha praia en forma de media lúa. A súa area é fina e de cor branca con tonalidades brancas. Existen afloramentos rochosos nos extremos da praia e nas zonas mergulladas. == Arte e cultura == A praia do Tombo do Gato é un dos escenarios principais do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer azul, un filme producido pola Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas de 2026. Nesta obra, a praia configúrase como espazo da infancia da escritora viguesa Begoña Caamaño. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Alcabre Praia de Samil === Ligazóns externas === Praia do Tombo do Gato na web Turismo Rías Baixas Praia do Tombo do Gato na web do Concello de Vigo

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Vicino a questo luogo