Archivio

Archivo-Biblioteca de la Catedral de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela · A Coruña

Archivo-Biblioteca de la Catedral de Santiago de Compostela

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela é a institución encargada de custodiar o patrimonio documental e bibliográfico do Cabido e a Catedral de Santiago de Compostela, integrado por volumes e documentos dende a Idade Media até a actualidade. Está situado nun dos brazos do claustro da Catedral, e ofrece servizos de consulta e documentación. É un dos principais centros de investigación xacobea do mundo. Un grave incendio ocorrido en 1751 afectou seriamente a sala capitular e a biblioteca, estancias que foron reconstruídas por Lucas Ferro Caaveiro (discípulo de Casas Novoa). No teito da biblioteca consérvanse frescos da vida do Apóstolo, realizados por Arias Varela en 1756. O da sala capitular mostra unha policromía de ouros sobre branco. O arquivo foi construído por Clemente Fernández Sarela.

Historia

A orixe do Arquivo da Catedral compostelá encóntrase no thesaurum medieval e nas organizacións documentais que foron desenvolvidas polos arcebispos Diego Xelmírez (na primeira metade do século XII), e Berenguel de Landoira (no primeiro cuarto do XIV). Desde o mesmo momento da inventio, ou descubrimento no século IX da tumba apostólica, o enorme desenvolvemento político e socioeconómico da nova institución eclesiástica que velaba polo enclave foi impondo a conservación, como garante dos seus dereitos, de todo tipo de documentación: real, pontificia, eclesiástica e civil; unha documentación integrada, canda os volumes e códices existentes, no Tesouro. Aos poucos, co paso dos séculos foise conformando unha masa documental integrada por documentación en tombos, documentos soltos, e posteriormente atados de época moderna e contemporánea. Foi o primeiro bispo e arcebispo da sede, Diego Xelmírez, cara ao primeiro terzo do século XII, o primeiro que desenvolveu unha ordenación minimamente arquivística do conxunto, cunha selección de documentación, organización da mesma e copia en novos soportes, dando lugar a volumes como o Tombo A (séculos XII-XIII) na súa primeira fase, cartulario coa documentación rexia dos séculos IX-XIII e cunha galería de miniaturas de reis, raíñas e infantas de Castela e León. Desta centuria destaca tamén o Códice Calixtino, pedra angular da historia medieval xacobea. Dous séculos despois o arcebispo Berenguel de Landoira, tras sufocar unha revolta urbana en Santiago de Compostela, emprende unha segunda labor de ordenación, sobre a mesma base de selección, ordenación, organización e copia de documentación para renovar o soporte. Así, prodúcense os tombos B e C, con documentación real, pontificia, eclesiástica e civil.

Documentación

Na actualidade os fondos do Arquivo-Biblioteca están integrados por máis de 11.000 documentos medievais, gran cantidade de documentación de época Moderna e Contemporánea, máis de 4.000 volumes na Biblioteca Antiga, desde o século XV ata o XIX, e unha Biblioteca Xacobea de apoio a investigadores.

Documentación medieval

Entre os documentos medievais, destacan os seguintes: Os tombos A, B e C son chamados maiores; os tombos D, E, F, G, H e os tombiños de Tenzas, Constitucións, Concordias son chamados tombos menores. Compleméntanse nos cadernos e libros de Rendas e Bens da Mitra, do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago; nos libros de Aniversarios e nos libros de Actas Capitulares. Historia Compostelá. Crónica de Santa María de Iria. Breviario de Miranda Colección de Documentos Soltos. Colección Guerra Campos. Colección López Ferreiro. Colección de Tomos de Varia.

Outros artigos

Tombos da Catedral de Santiago de Compostela

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo