Archivio
Arquivo de Galicia
Santiago de Compostela · A Coruña
Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Archivio a Santiago de Compostela, A Coruña, a 282 m di altitudine, a 430 m dal Camiño Xabrés.
O Arquivo de Galicia (situado na Cidade da Cultura de Galicia, no Monte Gaiás) é un centro que recibe, custodia, comunica e difunde o patrimonio documental de Galicia, para o servizo da Administración e os cidadáns. Custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), así como outros de calquera procedencia que, polo seu ámbito e interese, se lle poidan asignar. É cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, por iso simboliza a unidade do patrimonio documental da comunidade. Este patrimonio comprende unha porción notable da súa cultura escrita e caracterízase, entre outros aspectos, pola súa calidade, antigüidade, diversidade, invisibilidade e dispersión. Depende organicamente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e foi inaugurado en xaneiro de 2011.
Edificio
O arquivo ocupa o edificio do extremo leste do complexo que compón a Cidade da Cultura de Galicia, proxectada polo arquitecto norteamericano Peter Eisenman. O conxunto articúlase a través dunha trama de rúas, soportais, xardíns e prazas inspirada no centro histórico da cidade de Santiago de Compostela, declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985.
Funcións
O Arquivo de Galicia exerce as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e arquivo intermedio e histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, e como tal ten o deber de conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia. En concreto correspóndenlle as seguintes: Recibir os documentos procedentes dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades públicas dependentes dela cun ámbito territorial superior a unha provincia. Recibir os documentos procedentes de organismos, institucións e entidades públicas de ámbito autonómico dependentes da Xunta de Galicia que fosen suprimidos, con independencia da súa antigüidade, e calquera outro fondo de carácter público ou privado de interese xeral para a comunidade autónoma que se acorde despositar nel. Programar, coordinar e dirixir a identificación, valoración e selección documental de todos os arquivos do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia. Organizar e describir os fondos documentais que custodie. Conservar os fondos documentais que custodie. Coordinar os programas de reprodución con fins de conservación de fondos do patrimonio documental de Galicia. Facilitar o acceso aos documentos que custodie e á información contida neles nos termos que establece a lexislación. Difundir por calquera medio os fondos documentais que custodie e, en xeral, o patrimonio documental de Galicia. Establecer e desenvolver normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia. En xeral, calquera outra función que lle sexa encomendada por razón da súa competencia.
Historia
En febreiro de 2008 créase a Subdirección Xeral do Arquivo Nacional de Galicia coa finalidade de exercer as funcións de centro de referencia do Sistema de arquivos de Galicia e de arquivo histórico do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia (Decreto 17/2008, do 7 de febreiro —DOG nº 35, do 19 de febreiro—). Como consecuencia da reestruturación da Xunta de Galicia no ano 2009, o Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería da Cultura e Turismo —DOG nº 125, do 29 de xuño— asignará estas funcións ao Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma (hoxe Arquivo de Galicia), dependente da Subdirección de Arquivos e Museos, dentro da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O Decreto 207/2010, do 19 de decembro, (DOG 246, do 24 de decembro) crea o Arquivo de Galicia como cabeceira e centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia, con carácter intermedio e histórico. Estas normas asígnanlle un papel fundamental na infraestrutura que debe servir para asegurar o mellor funcionamento da Administración Pública de Galicia de acordo cos principios de eficacia, eficiencia e transparencia, ligando os seus fins aos conceptos de conservación permanente e de acceso aos documentos públicos. == Servizos ==…
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Arquivo
Altitudine del punto ≈ 282 m · Terrain Tiles
Paese più vicino Santiago de Compostela, a 2 km
Cammino di Santiago Camiño Xabrés, a 430 m
Abitanti del comune 100.842 (2025) · IGE
Arrivare in autobus
- Gaiása 315 mFerrol-O Burgo (área de servizo)-AP-9-Santiago-Figueirido (por N-550) · Milladoiro-Santiago-Gaiás (Brilat) · Ferrol-O Burgo (área de servizo)-AP-9-Santiago-Figueirido (por N-550) · Santiago E.I.-Gaiás · Santiago E.I.-Gaiás · Milladoiro-Santiago-Gaiás (Brilat)
- Cruceiro Do Sara 463 mAs Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-Cimadevila-Santiago E.I. · O Forte-Fontiñas (CPI Fontiñas)
- Cruceiro Do Sara 475 mAs Hortas-Santiago E.I. · Merés (cruzamento)-Santiago E.I. · Touro-CIMADEVILA-SANTIAGO E.I. · Turces-Codeso-Santiago E.I. · O Forte-Fontiñas (CPI Fontiñas)
Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
Cattedrale di Santiago di CompostelaCattedrale
Colexiata de Santa María de SarCattedrale
Pazo de San Lourenzo de TrasoutoMonastero
Convento de San Paio de AntealtaresMonastero
Mosteiro de San Martiño PinarioMonastero
Convento de San Francisco do Val de DeusMonastero
Pazo do EspiñoPazo (dimora signorile galiziana)
Pazo dos Condes de XimondePazo (dimora signorile galiziana)