Archivio
Archivo del Reino de Galicia
A Coruña · 1775

O Arquivo do Reino de Galicia é un arquivo cuxa titularidade pertence ao Ministerio de Cultura e cuxa xestión está cedida á Xunta de Galicia desde 1989. Atópase na Cidade Vella da Coruña. Exerce funcións de Arquivo Histórico Xeral de Galicia e de Arquivo Histórico Provincial da Coruña, polo que custodia a documentación de eido galego ou provincial que producen as administracións locais, autonómicas e estatais.
Historia
As súas orixes datan da Real Cédula emitida por Carlos I de Castela o 3 de febreiro de 1529 e dunha Real Provisión do mesmo monarca e a súa nai, a raíña Xoana I de Castela do 1 de marzo de 1543, cando se ordenou a salvagarda e custodia dos procedementos da Real Audiencia de Galicia, un organismo creado polos Reis Católicos mediante diversas disposicións a partir de 1480. O seu inicio formal data da Real Cédula de Carlos III emitida o 22 de outubro de 1775, cando se crea o Arquivo, asignándolle tamén persoal e unhas normas de funcionamento. A súa sede orixinal era o Palacio da Real Audiencia, un edificio que actualmente alberga a Capitanía Xeneral, onde permaneceu até o seu traslado en 1936 aos sotos do Palacio de Xustiza. En 1898 o arquitecto Luis Bellido redactou o primeiro proxecto de construción dun edificio propio, ao que seguiron outros proxectos de Pedro Mariño (1923), Rafael González Villar e Leoncio Bescansa (1929). Finalmente, en 1956 o Arquivo foi trasladado á súa actual localización, xunto ao Xardín de San Carlos, nun edificio concibido por Antonio Tenreiro e inaugurado en 1955. O núcleo dos fondos do Arquivo provén dos procedementos da Real Audiencia de Galicia. Porén, desde mediados do século XIX foi adquirindo fondos de orixe diversa, até chegar a máis de 250. O Arquivo alberga fondos que se remontan, no caso de diversos diplomas en pergamiño, ao século IX. Manuel Murguía exerceu de xefe do arquivo de 1870 a 1875. En 2008 foille concedido o Premio da Crítica Galicia dentro da categoría "Iniciativas culturais".
Galería de imaxes
Outros artigos
Xardín de San Carlos
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Hospital Abente y Lagoa 202 mHospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · Hospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · A PATIÑA II-CAMBRE-HOSPITAL ABENTE Y LAGO · Santa María de Vigo-Hospital Abente y Lago · Sada (hotel Sada Palace)-Hospital Abente y Lago · Hospital Abente y Lago-Cambre-A Patiña II
- A MAESTRANZAa 244 mPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
- HÍPICAa 347 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.