Cappella
Capela de Santa María de Oza
Oza · A Coruña
Foto: Jorges65 · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Edificio religioso a Oza, A Coruña, a 10 m di altitudine, a 936 m dal Camiño Inglés.
A Capela de Santa María de Oza é un templo relixioso de estilo románico construído entre mediados e finais do século XII e reformado nos séculos XVII e XVIII. Está situada na parroquia de Oza, no concello da Coruña. Trala anexión do concello de Oza polo da Coruña en 1912, converteuse nun dos edificios máis antigos do concello herculino. Forma parte do Conxunto Histórico-Artístico do antigo Sanatorio de Oza.
Historia
A Capela de Santa María de Oza foi construída na segunda metade do século XII, sendo a sé parroquial ata a inauguración da nova Igrexa de Oza –situada en Monelos– en 1863. O templo foi atacado en 1589 polas tropas de Francis Drake durante o desembarco británico en Santa María de Oza, no marco do ataque inglés sobre A Coruña no que María Pita defendeu a cidade. Foi restaurada dos danos sufridos en 1592. Sufriu reformas durante o século XVII, no que se lle engadiron dúas capelas máis, e no século XVIII, no que se construíu a portada actual de estilo barroco. En 1889, o Arcebispado de Compostela cedeu o templo ó lazareto construído nos seus arredores. No ano 1910, a igrexa foi cedida ó Sanatorio Marítimo de Oza recentemente creado, acollendo as cerimonias relixiosas do persoal e mais dos acollidos durante bastantes anos, aínda que posteriormente deixou de ser utilizado. En 1954, coa creación da parroquia da Nosa Señora do Carme no barrio dos Castros, pensouse en empregala como sé parroquial, pero finalmente non se levou a cabo. Foi restaurada en 1993, pero dende aquela non se lle deu uso e sufriu deterioración, ata o punto de que en 2009 a espadana estivo a piques de derrubarse, sendo reparada polo SERGAS –titular do edificio– a comezos de 2011. Diversos colectivos veciñais teñen protestado pola situación de abandono na que se atopa o histórico templo.
Descrición
Ten unha soa nave, con ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. Engadíronselle dúas capelas asimétricas no século XVII. A capela norte, de bóveda de canón adornada con casetóns, foi feita a expensas do nobre Lorenzo Bermúdez de Figueroa e nela atópase un escudo do século XVII. A sur tamén é de bóveda de canón e cun arco de faixa na metade da planta. A portada está feita en cantaría, cun van e unha característica espadana barroca que actualmente non ten campás. Nos arredores do templo atopábase o antigo cemiterio parroquial, que posteriormente foi trasladado preto da nova Igrexa de Oza.
Cruceiro
A carón da capela atópase un cruceiro construído no século XVIII, aínda que a cruz desapareceu, posiblemente por causa dun roubo. Foi bendicido polo párroco José Gil Taboada y Morado e o seu custo foron 553 reais. Está catalogado como Ben de Interese Cultural.
Outros artigos
Igrexa de Santa María de Oza
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Cappella
Dedicato a Santa María
Piani 1
Detto anche Capela Santa María de Oza
Altitudine del punto ≈ 10 m · Terrain Tiles
Paese più vicino A Coruña, a 2,6 km
Cammino di Santiago Camiño Inglés, a 936 m
Abitanti del comune 251.277 (2025) · IGE
Come arrivare
Indirizzo 1A, 15006, A Coruña
Arrivare in autobus
- CHUACa 327 mSan Pedro de Nós-Teatro Colón · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada hotel Sada Palace-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada (hotel Sada Palace)-Oleiros-San Pedro de Nós-Teatro Colón · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular)
- CHUACa 394 mTeatro Colón-San Pedro de Nós · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace) · Teatro Colón-IES Miraflores (piscina Piñeiro) · Teatro Colón-San Pedro de Nós-Oleiros-Sada (hotel Sada Palace) · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular)
- CHUACa 445 mOURENSE E.I.-CORUÑA E.A. · Viveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas) · As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas)
Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.
