Pianta monumentale

Carballeira de Santa Susana

Santiago de Compostela · A Coruña

Carballeira de Santa Susana

A carballeira de Santa Susana é un outeiro de Santiago de Compostela que forma parte do Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e o Paseo da Ferradura. Foi coñecido antigamente como outeiro de Poldros, no que houbo un castro. == Historia == No século XII, o arcebispo Xelmírez mandou construír unha igrexa para albergar as reliquias de Santa Susana de Braga, templo que foi remodelado nos séculos XVII e XVIII, e que está hoxe rodeado por máis de 300 carballos centenarios que forman unha magnífica carballeira. == Características == No alto do outeiro existe unha capela, a capela de Santa Susana, que data de fins do século XVII e comezos do XVIII, reconstrución da capela medieval na que o arcebispo Xelmírez levou os restos de Santa Susana que trouxera de Braga. No adro da igrexa xuntábanse, na época de Xelmírez, os representantes dos veciños cada venres, o que deu orixe ao concello de Santiago.[Cómpre referencia] A carballeira de Santa Susana está bordeada totalmente polo Paseo da Ferradura. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cruz carolinxia Parque da Alameda de Santiago de Compostela Paseo da Alameda Paseo da Ferradura === Ligazóns externas === "Alameda, el Paseo da Ferradura y Carballeira de Santa Susana, copatrona de la ciudad del Apóstol: esplendor verde de Santiago", no blog Xurde Morán, marzo de 2016 (en castelán). "Santa Susana, a carballeira asemblearia", post de Celso Alberte Magariños Costas no blog A Nosa Historia, xaneiro de 2016.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo