Cattedrale
Cattedrale di Tui
Tui · Pontevedra · 1100

A catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, próxima á beira do río Miño. É sé da diocese de Tui-Vigo, convertida en sé episcopal durante o reino suevo. O edificio actual foi iniciado cara a 1120 en estilo románico, e foi finalizado cara a 1225 coa fachada xa de estilo gótico, foi consagrada polo bispo Estevo Egea o 1 de decembro de 1225. En 1931 foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) co número (R.I.) - 51 - 0000827 - 00000 . == Historia == Dáse por feito a existencia dun templo anterior que estaría situado no mesmo sitio que a actual sé. Dunha banda, hai datos fiables da existencia da diocese tudense como tal desde o século VI, cos bispos Anila (que figura como participante no Segundo Concilio de Braga) e Neufila. Doutra banda, consérvase algún rastro do vello edificio, por exemplo, aos pés da imaxe de Santo Epitacio, na porta norte. A construción da actual puido iniciarse cando a diocese se viu libre das invasións normandas e sarracenas, en tempos de estabilidade e paz. === Edificio principal e claustro === A construción comezou no ano 1120, en estilo románico. Románica é a planta de cruz latina e a portada norte e tamén da época debe ser a primitiva sala capitular do século XII, que hoxe dá ao claustro. O edificio principal rematouse en estilo gótico (ou románico tardío), no que se fixeron as bóvedas e a porta principal. Este salto de estilos e a diferenza entre os muros de carga románicos e os remates góticos, moito máis altos do que nun principio estarían pensados motivou, a longo prazo problemas estruturais que tiveron que ser compensados coa colocación dos tirantes tan característicos desta catedral. Os primeiros tirantes colocáronse xa no século XV e os últimos, onde están os órganos, a primeiros do século XVIII. Hai que facer notar que, ademais dos tirantes da nave central, que son os máis visibles, bos parte dos arcos das naves laterais teñen tamén un reforzo que crea o curioso efecto de arcos "tortos". Xa en pleno estilo gótico cisterciense construíuse o claustro, peza case única nas catedrais de España. Ao longo do tempo sufriu diversas reformas: No século XV, para reforzar o sistema defensivo, engadiuse a Torre dos Soutomaiores. No século XVI, aproveitando o paso de ronda superior do claustro, construíuse o pazo e dependencias episcopais. No século XX, nos anos 50, coincidindo co traslado da sé episcopal a Vigo, derrubáronse estas dependencias (excepto o lado leste), e volveron quedar visibles as construcións defensivas (ameas e torre). === Capelas e outros engadidos === No século XIV construíuse a capela de Santa Catarina, actual museo catedralicio, reformada entre finais do século XVII e principios do XVIII. Entre 1419 e 1464 o bispo Xoán Fernández de Soutomaior mandou construír a capela do Sacramento, que exteriormente é unha torre defensiva. En 1530, o bispo Diego de Avellaneda mandou refacer o ciborio, en estilo renacentista. A capela de san Telmo foi construída en dúas fases. O bispo Diego de Torquemada mandou construír a primeira parte en 1578, onde está o seu sartego. En 1732 mandouse construír a segunda parte, en estilo barroco e rematada por unha cúpula. === Retablos e decoración === Do século XVI é o antigo retablo maior da catedral, do que só se conservan algúns fragmentos. A época que domina na decoración interior é o barroco, séculos XVII e XVIII: O coro, e o mobiliario da sancristía, de 1699. O retablo da Expectación, de 1722, pero coa imaxe principal do 1600. De 1755, é o retablo chamado do Monumento. O curioso e orixinal retablo-relicario de San Telmo é tamén de mediados do século XVIII. O retablo das Ánimas da Capela de San Pedro, de 1713. Os órganos, tal como se conservan, de 1714. En 1766, o retablo rococó da capela do Sacramento. == Arquitectura == A catedral é o máximo expoñente do patrimonio artístico de Tui. Sitúase na parte máis alta da localidade, na croa do antigo castro Tide que debeu existir antes do inicio da nosa era. Ten planta de cruz latina, máis os engadidos, e tres naves.…
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Come arrivare
Sedia a rotelle Limitato
Chegar en bus
- TUI (PRAZA DE GALICIA)a 315 mPontevedra E.A.-Ponte internacional
- TUI (PRAZA DE GALICIA)a 348 mPONTEVEDRA E.A.-PONTE INTERNACIONAL
- Rúa Ourensea 443 mA Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Hospital Álvaro Cunqueiro · A Devesa (Salceda)-Rúa Ourense · Ponte Internacional-A Devesa (Salceda) · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Goian-Tomiño-Taborda-Tui-Porriño-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.