Convento

Convento de San Francisco de Tui

Tui · Pontevedra

Convento de San Francisco de Tui

O Convento de Santo Antonio, popularmente Convento de San Francisco, é un mosteiro da vila de Tui, construído en 1682. Foi ocupado por membros da Orde dos Freires Menores até ser exclaustrado trala desamortización de Mendizábal. Parte, acolle, desde 1850, o Seminario Menor da diocese de Tui-Vigo, que posúe unha importante biblioteca. == Arquitectura da igrexa == A igrexa consta de tres naves, posúe un estilo neoclásico e unha sinxela torre campanario de dobre corpo e de escasa ornamentación. O seu interior inclínase máis polo barroco que polo neoclasicismo. Conta cun destacado retablo maior barroco realizado en 1741 e a capela da Venerable Orde Terceira, construída en 1777. == Notas ==

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo