Convento

Convento de San Bieito da Guarda

A Guarda · Pontevedra · 1561

Convento de San Bieito da Guarda

O Convento de San Bieito da Guarda é un conxunto significativo, construído entre 1558 e 1561 como Mosteiro da Transfiguración do Señor. == Historia == Foi fundado por catro irmáns, naturais do Señorío de Teáns, Salvaterra de Miño, bisnetos de Pedro Madruga: Álvaro, García, Isabel e María Ozores de Sotomayor. A carta fundacional, asinada polo nuncio de Pío IV en Portugal, é do 7 de setembro de 1561 e a inauguración foi seis anos despois, o 5 de agosto de 1567, presidida polo Bispo de Tui, Diego de Torquemada. O edificio sufriu unha reforma importante no século XVIII, a igrexa ten un retablo sinxelo, presidido polo santo, e unha portada barroca na porta norte. A comunidade de beneditinas ocupou o convento ata 1984, durante 417 anos. Desde 1990 as instalacións albergan un hotel e restaurante. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Miguel Villa Álvarez, Joaquín Miguel: "El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984", 736 pp., Deputación de Pontevedra (en castelán). === Outros artigos === Orde de San Bieito === Ligazóns externas === Fichas do convento e do hotel en Turgalicia.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo