Isola

Illa Morraceira do Grilo

San Miguel de Tabagón · O Rosal · Pontevedra

Non c'è ancora una foto di Illa Morraceira do Grilo

Se ne hai una, caricala su Wikimedia Commons ↗ con le coordinate impostate e arriverà da sola su questa mappa e su qualsiasi altra che usi dati aperti. Oppure inviacela.

{{Location|41.90944|-8.82472}}

Isola a San Miguel de Tabagón (O Rosal, Pontevedra), a 624 m dal Camiño Portugués da Costa.

A Illa Morraceira do Grilo, tamén coñecida como Illa do Grilo ou Illa de Vimbres, é unha pequena illa fluvial situada no esteiro do río Miño, no concello do Rosal, na provincia de Pontevedra. Forma parte do conxunto de morraceiras do Baixo Miño, acumulacións de sedimentos fluviais características da desembocadura deste río.

Xeografía

A illa localízase no treito internacional do río Miño, entre Galicia e Portugal, preto da desembocadura do río Tamuxe. A Morraceira do Grilo é unha illa de orixe aluvial formada pola acumulación progresiva de areas, limos e outros sedimentos transportados polo Miño. Na zona do Baixo Miño, o termo morraceira emprégase para designar as illas e bancos sedimentarios que se desenvolven no esteiro do río.

Historia

Historicamente, a titularidade da illa foi obxecto de controversias relacionadas coa delimitación da fronteira hispano-portuguesa no río Miño. A finais do século XIX, os traballos de demarcación estabeleceron definitivamente que a Morraceira do Grilo pertencía integramente a España. Nalgúns documentos e mapas antigos aparece denominada Illa de Vimbres, aínda que a denominación tradicional máis difundida é Morraceira do Grilo.

Medio natural

A illa forma parte do ecosistema de estuarios do Baixo Miño, incluído na Rede Natura 2000. Os seus hábitats están asociados ás zonas húmidas, canaveiras, bancos areosos e vexetación halófila características do tramo final do río. Xunto coa Illa Canosa e a Illa Morraceira das Varandas, constitúe unha das principais illas sedimentarias do esteiro do Miño.

Protección

A súa superficie está incluída entre as zonas con réxime especial de protección ambiental do Baixo Miño. Ademais, figura entre os espazos nos que a normativa galega estabelece restricións específicas para determinadas actividades cinexéticas.

Outros artigos

Illa Canosa

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Che cos'è Illa

Altitudine del punto ≈ 0 m · Terrain Tiles

Paese più vicino A Guarda, a 4,2 km

Cammino di Santiago Camiño Portugués da Costa, a 624 m

Abitanti del comune 6573 (2025) · IGE

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Arrivare in autobus

Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo