Chiesa

Igrexa das Capuchinas da Coruña

A Coruña

Igrexa das Capuchinas da Coruña

A igrexa das Capuchinas é un templo situado na rúa das Panadeiras da cidade da Coruña. Formaba parte do antigo convento das Capuchinas, que foi rehabilitado para acoller o Museo de Belas Artes. == Historia == A presenza das capuchinas na Coruña dátase en 1683. Instaláronse nunha casa doada por Antonia de Prego xunto á capela de Nosa Señora das Marabillas. Esta capela foi derrubada para construír o novo edificio do convento, iniciado en 1688 segundo planos de Domingo de Andrade, que estivo no cargo ata 1707. A obra seguiu baixo o mecenado do arcebispo Antonio de Monroy co arquitecto Fernando de Casas Novoa, que deseñou, entre outras partes do convento, a fachada (1715). Dende 1966 celebrouse na igrexa a primeira misa fixa en galego, oficiada polo crego Manuel Espiña. O convento estivo en uso ata 1982; dende entón a comunidade mora nun novo edificio na parroquia de Liáns, Oleiros. En 1988, Manuel Gallego Jorreto presentou un proxecto de rehabilitación para a nova sede do Museo de Belas Artes que foi inaugurada en 1995. Esta intervención foi merecente do Premio Nacional de Arquitectura no ano 1997. Pola súa banda, tras varias rehabilitacións, a igrexa conventual reinaugurouse en 2013. Actualmente, ademais de actos relixiosos, o templo tamén acolle concertos. A pesar de ter a máxima protección municipal, a casa do capelán foi derrubada segundo o proxecto do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois o 13 de outubro de 2004 por mor da construción do aparcadoiro do Papagaio e non volveu ser reconstruída ata o 2009. O proceso foi investigado por se houbera un delito contra o patrimonio, mais o caso non prosperou. == Descrición == Sobre a porta da fachada e no retablo hai dúas imaxes da Virxe das Marabillas. A fachada, á que se accede grazas a unha escalinata semicircular, ten un só corpo e catro pilastras toscanas. Na parte superior da fachada vese o escudo dos franciscanos. A Virxe das Marabillas do retablo foi restaurada para recuperar a man dereita que lle fora quitada na década de 1980, cando o templo estaba abandonado. A igrexa ten planta de cruz latina cunha soa nave. Na entrada ábrese un vestíbulo. que da acceso á igrexa. A nave da igrexa está cuberta por unha bóveda de canón semicircular con lunetos agás no último tramo que se ergue unha cúpula sobre pendetes. O templo contaba cun cadro de Francisco de Asís atribuído por algúns a Zurbarán e por outros a Mateo Cerezo mais que no presente está no convento das capuchinas de Liáns. A un lado da igrexa consérvase a parte de máis calidade do convento, un lenzo de cantaría integrado no museo. Do outro lado está a casa do capelán, do século XVIII, reconstruída en 2009. Diante da igrexa hai unha fonte de pedra. Tamén están catalogados os pináculos, que recuperaron a reixa en 2015, e o arboredo. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Visita virtual á igrexa na web de Turgalicia. Ficha en Turgalicia Ben, Mari (28 de agosto de 2013). "Iglesia Conventual de las Capuchinas". Coruña a pie. Consultado o 4 de xaneiro de 2016.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo