Chiesa
Igrexa de San Xoán Bautista de Eirís
A Coruña · 1928
.jpg?width=640)
A igrexa de San Xoán Bautista é un templo católico situado no lugar de Monserrat (A Coruña). == Descrición == A igrexa, de estilo neogótico está situada nun lugar de difícil acceso, por ser inicialmente a capela do Hospital Labaca. A fachada principal ten un arco apuntado cun rosetón. O exterior tamén ten contrafortes nos laterais. O interior é de tres naves con bóveda oxival. == Historia == O templo forma parte do complexo do Hospital Labaca, da fundación creada polos irmáns Ricardo e Ángela Labaca. O proxecto foi encargado a Leoncio Bescansa, tamén autor das Escolas Labaca. A obra realizouse entre 1926 e 1928 e foi inaugurada en presenza do xeneral Primo de Rivera, entón no poder. En 1950, cando a fundación non conseguía sustentarse, cedeuna ao concello para que instalase o Hospital Municipal. O templo, atendido por un capelán, pasou ao arcebispado de Santiago de Compostela. En 1977 converteuse en iglexia parroquial coa creación da parroquia de San Xoán Bautista, escindida de Nosa Señora do Carme. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === García Cortés, Carlos (2012). Templos coruñeses. Historia-Arte-Culto (en castelán). Xerión. ISBN 978-84-936595-5-4. === Ligazóns externas === Ficha en Turgalicia Prieto, Nuria (03-05-2023). "La iglesia de la fundación Labaca de A Coruña: una historia en tres actos (segundo acto)". Quincemil (en castelán). Consultado o 27-11-2024.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- XESUÍTAS A CORUÑAa 124 mViveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas)
- Avda. da Pasaxe (Santa María do Mar)a 129 mSan Pedro de Nós-Teatro Colón · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada hotel Sada Palace-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada (hotel Sada Palace)-Oleiros-San Pedro de Nós-Teatro Colón · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular)
- XESUÍTAS A CORUÑAa 158 mOURENSE E.I.-CORUÑA E.A. · Viveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas) · As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.