Chiesa

Igrexa de Santa María Salomé de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela · A Coruña

Igrexa de Santa María Salomé de Santiago de Compostela, chiesa en Santiago de Compostela

Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Edificio religioso a Santiago de Compostela, a 264 m di altitudine, a 123 m dal Caminho Português de Santiago.

A igrexa de Santa María Salomé é un templo católico construído orixinariamente no século XII situado en Santiago de Compostela. Considérase a única igrexa dedicada a santa Salomé, nai do apóstolo Santiago.

Descrición

A igrexa foi construída orixinariamente baixo o impulso do bispo Diego Xelmírez no primeiro terzo do século XII. Desa época existen aínda algúns vestixios, como o pórtico románico, no que destaca o motivo central dunha imaxe da adoración do neno. Do período gótico destacan principalmente dúas capelas situadas ao lado da nave principal, ao lado da epístola. A primeira destas capelas, máis preto da cabeceira, está dedicada á Virxe María. Segundo o investigador Caamaño, os seus fundadores e patrocinadores foron Lope de Losada e Teresa Gómez Mosquera; existen rexistros do acordo entre Dona Teresa e Sadornín Fernández sobre certos detalles sobre a capela, datados o 2 de maio de 1578. A capela contigua é da mesma época e, como a de Nosa Señora, é de planta rectangular e bóveda, alzada sobre mísulas, con cinco chaves e o mesmo tipo de arco de acceso. Lixeiramente posterior, o alpendre foi construído no inicio do século XVI. O adro ten un arco gótico á fronte e arcos de medio punto nos lados. Alén da profusión de detalles propios da devoción mariana, os estudosos citan tamén como elemento interesante na igrexa a torre barroca, finalizada no século XVIII. Por causa dos seus trazos vigorosos, segundo Ramón Otero Pedrayo, a igrexa de Santa María Salomé foi «comparada a unha moza aldeá garrida e piadosa nun paseo das damas aristocráticas.» Tras unhas investigacións descubriuse que esta igrexa formaba parte dun claustro gótico que agora o delimitan a igrexa, as casas parroquiais e as tendas da rúa Nova.[Cómpre referencia]

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Che cos'è Chiesa

Dedicato a Salomé

Fa parte di Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña

Tutela Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade

Altitudine del punto ≈ 264 m · Terrain Tiles

Paese più vicino Santiago de Compostela, a 279 m

Cammino di Santiago Caminho Português de Santiago, a 123 m

Abitanti del comune 100.842 (2025) · IGE

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Arrivare in autobus

Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo