Chiesa

Igrexa de Santiago de Bembrive

Bembrive · Vigo · Pontevedra

Igrexa de Santiago de Bembrive, chiesa en Vigo

Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Edificio religioso a Bembrive, Vigo, a 109 m di altitudine, a 2,9 km dal Camiño Portugués da Costa.

A igrexa parroquial de Santiago de Bembrive é un templo católico de estilo románico de transición, situado na parroquia de Santiago de Bembrive. É unha das tres igrexas románicas do concello de Vigo xunto coa igrexa de Santa María de Castrelos e mais a igrexa de San Salvador de Coruxo.

Construción

Foi construída a finais do século XII e principios do XIII. Pode ser adscrita ó Mestre Rodrigo segundo se desprende dunha inscrición datada sobre 1185, inda que tamén se conserva outra de 1223. A igrexa sufriu varias modificación o longo da historia.

Elementos

Consta dunha soa nave e ábsida, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fóra. A nave está dividida en tramos de dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas acaroadas. O arco triunfal é de directriz apuntada ó igual có secundario e ambos apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón mentres o polígono no que termina a ábsida faino con bóveda de cascarón. Ten dúas portas laterais e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas en xambas. Tamén conserva un variado repertorio de canzorriños.

Devoción

O 25 de xullo, celébrase a festa na honra de Santiago o Maior, patrón da parroquia.

Galería de imaxes

Outros artigos

Arquitectura románica en Galicia

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Che cos'è Chiesa

Stile Arquitectura románica

Dedicato a Santiago o Maior

Altitudine del punto ≈ 109 m · Terrain Tiles

Paese più vicino Saa, a 1,9 km

Cammino di Santiago Camiño Portugués da Costa, a 2,9 km

Abitanti del comune 295.735 (2025) · IGE

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Arrivare in autobus

Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo