Isola
Illa de San Simón
Cesantes · Redondela · Pontevedra
Foto: Hugo P. · CC BY-SA 2.5 es · Wikimedia Commons ↗
Isola nella ría a Vigo, a 1,7 km dal Caminho Português de Santiago.
A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto. Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999. En 2026 o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática declarou as illas de San Simón e Santo Antón como Lugar de Memoria Democrática.
Historia
Idade Media
A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta Mendinho na Idade Media. Proba disto é o seu escrito, o único que se coñece do autor, é que se cre que era nativo da zona. Na súa honra realizouse un busto na illa, así como a Johan de Cangas e a Martín Codax. Sediam'eu na ermida de San Simón e cercaronm'as ondas, que grandes son, eu atendend'o meu amigo, eu atendendo'o meu amigo... Entre os séculos XII e XIII estivo habitada polos templarios e despois polos franciscanos, a Orde dos Pascualinos de San Simón. Mais en 1307 esta orde relixosa sofre a excomulgación, véndose obrigada a abandonar a illa. Despois de permanecer case un século abandonada, a diocese de Tui, que até o momento posuía o control político da illa, cédella a Isabel a Católica, nun acto de bondade e agradecemento pola súa fidelidade. En 1589 foi saqueada por piratas ingleses, entre os que se atopa o célebre Francis Drake.
Século XVIII ata a guerra civil española
Foi escenario da batalla de Rande en 1702, cando navíos de Países Baixos e de Inglaterra unidos pola guerra de sucesión contra a coroa de Castela; trataron de asaltar a Frota de Indias cargada coas mercadorías de case 3 anos[Cómpre referencia]. Os galeóns pertencentes á Coroa de Castela e escoltados por unha escuadra francesa que proviñan de América, e que se saldou coa derrota das forzas franco-castelás. Unha gran parte do contido dos galeóns (que se cre que era ouro, prata, diamantes, especias coma o cacao e tamén madeiras nobres e tabaco) foron saqueados polos navíos ingleses da raíña de Inglaterra (Ana I de Estuardo), mais o intento de frustrar as expectativas de roubo, unha gran parte das riquezas dos barcos foron baleiradas ao mar, e unha gran porcentaxe do ouro e prata pertencente á coroa de Castela xa fora descargado en bois ata Madrid semanas antes do combate[Cómpre referencia]. Posteriormente, os integrantes das frotas anglosaxoas asaltaron as aldeas circundantes á Ría de Vigo, con especiais efectos devastadores en aldeas coma, Cangas de Morrazo, Redondela, Vigo, Soutomaior e Arcade; ás que queimaron e asolaron. A illa de San Simón tamén sufriu as consecuencias das tropas inglesas. A ermida de San Pedro quedou case totalmente derruída, ata a súa posterior restauración no século XIX. As elucubracións e testemuños elaborados sobre o paradeiro das riquezas dende o suceso son confusos, e numerosas inmersión realizadas en diferentes anos posteriores ao afundimento dos navíos revelaron a inexistencia de ouro e outros materiais preciosos nos arredores da illa. En 1719 o Almirante Michells penetra na illa, e posteriormente existe unha nova ameaza por parte das tropas francesas de Napoleón na guerra da independencia, e a illa é abandonada e rehabitada en numerosas ocasións. A continua ocupación por ordes monásticas debíase á súa boa situación xeográfica, xa que estaba illada, nun lugar tranquilo, e preto do mosteiro de Poio, un dos máis importantes da época.…
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Illa
Altitudine del punto ≈ 0 m · Terrain Tiles
Paese più vicino Redondela, a 3 km
Cammino di Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,7 km
Abitanti del comune 28.928 (2025) · IGE
Arrivare in autobus
- Punta Praia Cesantesa 801 mCedeira (O Cruceiro)-Avda. Ernestina Otero 24 · Cedeira (O Cruceiro)-Redondela-Punta Praia Cesantes · Redondela (A Farola)-Punta Praia Cesantes
- Punta Praia Cesantesa 813 mCedeira (O Cruceiro)-Avda. Ernestina Otero 24 · Redondela (A Farola)-Punta Praia Cesantes · Cedeira (O Cruceiro)-Redondela-Punta Praia Cesantes
Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
Fortaleza de CastrizánCastello
Castelo de RandeCastello
Pazo de Torres AgreloPazo (dimora signorile galiziana)Casa da AlfóndegaPazo (dimora signorile galiziana)
Casa da TorrePazo (dimora signorile galiziana)
Pazo de TorrecedeiraPazo (dimora signorile galiziana)Pazo do PousadouroPazo (dimora signorile galiziana)
Pazo de PetánPazo (dimora signorile galiziana)