Isola
Illas de San Pedro
Visma · A Coruña
Foto: Gabriel González from Pontevedra, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Arcipelago a Visma, A Coruña, a 7 m di altitudine, a 4,4 km da A Coruña.
As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior dela de 4 ha de superficie). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes. Os illotes tamén teñen nomes de seu: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión, As Tres Illas e Os Fernandiños. En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio durante dous anos, mais non se prorrogou. En 2016 o concello aprobou por unanimidade o procedemento para a súa declaración definitiva e a declaración provisional foi aprobada pola Xunta o 16 de novembro de 2017. O 7 de abril de 2020 aprobouse a declaración definitiva.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Illa
Superficie 15 m²
Tutela Espazos naturais de interese local
Altitudine del punto ≈ 7 m · Terrain Tiles
Paese più vicino A Coruña, a 4,4 km
Abitanti del comune 251.277 (2025) · IGE