Museo

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

A Coruña · 1980

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, museo en A Coruña

Foto: Jose Luis Cernadas Iglesias · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Museo a Coruña, a 20 m di altitudine, a 1,4 km dal Camiño Inglés.

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.

Contidos

No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos. Existen visitas guiadas e proxeccións.

Historia da sede coruñesa

O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 polos príncipes de Asturias, se ben non se abriu ó público ata o mes de xuño dese ano. O edificio fora construído pola Deputación da Coruña e ía ser unha escola de artes. A construción, chamada «Prisma de Cristal», deseñada por aceboXalonso Studio, gañou o primeiro premio da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e foi reconvertido, con pequenas modificacións, na sede principal do MUNCYT. É un edificio de formigón e cristal con dous andares abertos e comunicados a diversos niveis. A maqueta do edificio exhibiuse no MoMA de Nova York como un dos mellores deseños arquitectónicos actuais. O seu director, Rámon Núñez, foi director dos museos coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae), posto que deixou para poñer en funcionamento este novo museo na cidade. Espera acadar os 200.000 visitantes ao ano. En novembro de 2012 o museo acadou os 50.000 visitantes cun grupo de estudantes de Coristanco.

Instalacións

As salas Sala Miscelánea Sala Maiúsculas Sala Patrimonio Sala Innovación española Sala Iberia Século XX Expos Interinas

Galería de imaxes

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Che cos'è Museo científico · Museo de tecnoloxía

Altezza 30 m

Piani 7

Superficie 6.500 m²

Gestito da Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

Detto anche MUNCYT

Tutela Museo Nacional de Ciencia y Tecnología

Altitudine del punto ≈ 20 m · Terrain Tiles

Paese più vicino A Coruña, a 2 km

Cammino di Santiago Camiño Inglés, a 1,4 km

Abitanti del comune 251.277 (2025) · IGE

Secondo Http://www.muncyt.es/

Come arrivare

Orari Jul 01-Sep 14: Tu-Sa 11:00-20:00 · Jul 01-Sep 14: Su 11:00-15:00 · Sep 15-Jun 30: Tu-Fr 10:00-17:00 · Sep 15-Jun 30: Sa 11:00-19:00 · Sep 15-Jun 30: Su 11:00-15:00 · Jan 01,Jan 06,May 01,Dec 24,Dec 25,Dec 31: off

Indirizzo C. del Pintor Velázquez, 5, 28100 Alcobendas, Madrid, Spain

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaSito ufficialeIndicazioni

Arrivare in autobus

Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo