Monumento

Monumento a Concepción Arenal

A Coruña · 1916

Monumento a Concepción Arenal

O monumento a Concepción Arenal é un conxunto escultórico realizado polo arquitecto Rafael González Villar na memoria da socióloga Concepción Arenal. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez. == Descrición == En 1914 o concello da Coruña deulle o visto e prace á idea do presidente do Círculo de Artesáns de construír un monumento a Concepción Arenal nun dos macizos situados xunto ao estanque dos Xardíns do Recheo. No macizo simétricos situaríase outro monumento dedicado a Rosalía de Castro, que non chegou a levantarse. O arquitecto Rafael González Villar ofreceuse desinteresadamente para o seu deseño. O monumento, aínda sen finalizar, inaugurouse o 17 de setembro de 1916, estando presente o presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato. O monumento é moi innovador, xa que nese momento o costume era colocar unha estatua do homenaxeado sobre un pedestal. Foi o primeiro monumento español pensado como un conxunto arquitectónico, e non se atopa ningún outro deste estilo ata 1931. Está composto por seis pináculos, cunha escultura que representa unha aguia, un libro e unha serpe. Tamén se incluíu un medallón co retrato da homenaxeada. A escultura é unha alegoría da obra de Concepción Arenal, que loitou por mellorar as condicións nos cárceres. Neste simbolismo, así como nos ornamentos obsérvase un estilo modernista. A obra de cantería levouna a cabo o construtor José María Longueira, os elementos ornamentais de forxa Julio Wonenburger e as esculturas de bronce Joaquín López Fernández. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Garrido Moreno, Antonio (1998). El Arquitecto Rafael González Villar (en castelán). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña. ISBN 84-89652-63-5.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo