Monumento

Monumento a Emilia Pardo Bazán

A Coruña · 1916

Monumento a Emilia Pardo Bazán

O monumento á Condesa de Pardo Bazán é un conxunto escultórico feito polo artista Lorenzo Coullaut Valera por encargo do concello coruñés na memoria da escritora Emilia Pardo Bazán. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez.

Descrición

O monumento, realizado nunha pedra azul procedente de Murcia, foi inaugurado tras unha procesión cívica presidida polo alcalde Manuel Casás e o primeiro tenente de alcalde Gerardo Abad Conde o 15 de outubro de 1916. Ao acto non asistiu a homenaxeada nin o autor da escultura, que estaba traballando noutra obra. Despois de sufrir actos vandálicos, a estatua foi substituída por unha réplica de bronce en 2007, mais a escultura orixinal volveu á súa localización en novembro de 2021 durante a conmemoración do centenario do seu pasamento.

Galería de imaxes

Outros artigos

A Coruña

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo